Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS: CRÓNICA DE ABEGONDO
 
 

PREBENXAMÍNS: CRÓNICA DE ABEGONDO

MARCELO: "OS NENOS DERON GUERRA ATA O ÚLTIMO INSTANTE"

"Na mañá do pasado 17 de maio de 2017, celebrábase nas instalacións de Abegondo a XIV edición do torneo Real Club Deportivo, un dos torneos máis prestixiosos do fútbol base a nivel de comunidade autónoma". Así comeza a crónica redactada por Marcelo Couce, monitor do equipo prebenxamín do Numancia, xunto a Quique Dragoevich.

Ares, 19 de maio de 2017.

Temos a sorte de contar no Numancia cunha canteira extraordinaria de monitores, rapaces de Ares namorados do fútbol e deportistas íntegros. É o caso de Marcelo e de Quique, os dous monitores responsables do equipo prebenxamín. Nesta ocasión foi Marcelo o encargado de elaborar o seguinte comentario:

ADR Numancia de Ares. Prebenjamines 2016-2017. XIV Torneo del R:C. Deportivo de A Coruña. Abegondo"Na mañá do pasado 17 de maio de 2017, celebrábase nas instalacións de Abegondo a XIV edición do torneo Real Club Deportivo, un dos torneos máis prestixiosos do fútbol base a nivel de comunidade autónoma. Este torneo chega a reunir a máis de 3000 nenos e súas respectivas familias dos distintos equipos das categorías prebenxamín e benxamín de Galicia.

As 10:30 partía o equipo prebenxamín do Numancia de Ares rumbo ás instalación de Abegondo, todos xuntos nun microbus co obxectivo de realizar unha boa actuación no torneo, o equipo estaba emparellado na primeira fase no grupo 22 co Orillamar A, o Lugo e o Xesuitinas B. Os partidos, de 20 min cada un, comezaban ás 15:00.  Como se chegara relativamente cedo, o equipo decidiu facer algunhas das actividades que ofrece o torneo, como son fotos de equipo, cos trofeos, visitar os distintos campos...

ADR Numancia de Ares. Prebenjamines 2016-2017. XIV Torneo del R.C. Deportivo de A Coruña. Abegondo. Con Tino Fernández Presiendente del Depor.Así pois, o equipo púxose á cola para  a foto de equipo e as fotos individuais de cada rapaz que sacaban os organizadores. Tras estas fotos, o equipo pasou por un posto de reciclaxe no cal se lle facían unhas preguntas aos rapaces e, ao terminar de responder ditas preguntas, dábaselles unha pequena bolsa para cada un. Finalmente o equipo fixo un tour polos diferentes campos nos que xogaría, coa sorte de encontrase con Tino Fernández, presidente do Deportivo, co cal se sacaron unha foto. Cerca das 13:30, os pais reuníronse nas mesas para comer das instalacións e fixeron un xantar conxunto, primeiro comeron os nenos e os adestradores, e logo os pais. Chegadas as 14:30 o equipo moveuse ata o campo 3A para disputar o primeiro encontro das 15:00 fronte o Orillamar A.

Primeiro encontro: Orillamar A 1 – Numancia de Ares 1:

Este primeiro partido do grupo 22 comezou con varias ocasións por partes dos numantinos. Coma resultado deste dominio chegaría o 0 – 1, nunha xogada trenzada entre Samuel, Lucas Varela, Carlitos e Dani que remata cun disparo alto e forte por parte deste último que supera á porteira do equipo coruñés. Pouco a pouco o Orillamar chegaba máis e máis á portería numantina, pero os defensas e Mario solucionaban con rexeites e paradas. Aínda así, nunha moi boa xogada por parte dos coruñeses, chegaría o empate co que se chegaría ao definitivo 1 – 1.

Segundo encontro: Numancia de Ares 0 – Lugo 4:

Despois do empate, o equipo desprazaríase ata o campo 5B para disputar un bonito encontro ás 15:45 contra un rival que tiña o papel de favorito de grupo simplemente polo nome. O equipo lugués viña de gañar 9-0 fronte os Xesuitinas B. Aínda así, o Numancia plantoulle cara ata case a metade do encontro, no cal un xogador do Lugo marcha con tres caneos de varios xogadores do Numancia e queda só contra Mario realizando o primeiro tanto. Os xogadores aresáns seguían loitando pero o xogo de toque do Lugo descolocábaos do sitio i en noutra boa xogada chegaría o segundo tanto do encontro. Co 2-0 no marcador o árbitro pita penalti para o Lugo, pero Mario, porteiro do equipo, realiza unha incrible estirada para rexeitar o balón e evitar o  terceiro. Xa no final do encontro co equipo cansado polo esforzo chegarían os dous tantos restantes para rematar cun 0-4, resultado que, a pesar de ser avultado, non deixou descontento a niguén polo esforzo que realizaron os rapaces.

Terceiro encontro: Numancia de Ares 1 – Xesuitinas B 0:

ADR Numancia de Ares. Prebenjamines 2016-2017. XIV Torneo del R.C. Deportivo de A Coruña. Abegondo. Con Germán Lux, Guardameta del Depor.O derradeiro encontro do equipo aresán sería co Xesuitinas B, equipo que viña de perder os dous encontros previos, o partido foi de claro dominio vermello, pero a pesar deste dominio o equipo non chegaba moito a área rival. Á metade do encontro e cos cambios o equipo colleu forzas e comezou un continuo asalto á portería dos rivais, pero entre o porteiro e os defensas non se conseguía o tanto da victoria. Foi case no final do mesmo, cando nun disparo de Samu que rexeita o porteiro, o balón cáelle a Dani nos pés e marca a portería baleira para lograr o definitivo 1-0.

Ao rematar o terceiro encontro e de camiño ao bus de volta, algúns dos rapaces tiveron a sorte de encontrar ao porteiro do Dépor, Germán Lux, co cal se sacaron unha foto. Tras isto, pasaron todos polo punto de información para a recollida dunha camiseta conmemorativa do torneo e unha bolsa con agasallos para cada neno. Tamén sacarían a foto de equipo cos trofeos máis emblemáticos do RC Deportivo da Coruña. Finalmente, cerca das 17:30 se collería o bus de volta para Ares.

En resumo, outra nova experiencia para os compoñentes do equipo prebenxamín, coa cal desfrutaron moito e na cal deron guerra ata o último instante.

Galería fotográfica do equipo Prebenxamín no  XIV Torneo do R.C. Deportivo

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.