Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. R. SAN PEDRO, 1 – NUMANCIA, 6.
 
 

PREBENXAMINS. R. SAN PEDRO, 1 – NUMANCIA, 6.

NOVA VITORIA

Partido correspondente a 7ª xornada de liga (1ª fase) prebenxamin, grupo A, disputado o venres 30 de outubro, ás 17:30 h, no campo municipal de A Gándara – 4 (Ferrol) e que rematou con vitoria visitante. Ao descanso o resultado era de 0 - 3.


FICHA TECNICA

R. SAN PEDRO: Adrián, Leo, Isaac, Brais (C), Yago, Ismael, Byron e Angelo. Tamén xogaron Pedro, Pablo e Ángel.

Adestrador: Alejandro Landeira Teijo.

Delegado: Diego Pérez Porta.

NUMANCIA: Mario, Carlos, Lucas Varela, Oscar, Adri (C), Arturo, Lucas Espiñeira e Dani. Tamén xogaron Alex, Cristian, Manu e Papa Omar.

Adestrador: Marcelo Couce Barbeito.

Delegado: Enrique Dragoevich Ibáñez.

ARBITRO: Brais Leira Fernández. Sen incidencias.

COMENTARIO:

Nova vitoria para os prebenxamins do Numancia no campo da Gándara nesta ocasión ante o Racing San Pedro. Comezaba o partido, e rápidamente poñíase de cara para os de Ares tras un mal saque de porta por parte dos locais que aproveitaba Dani para facer o 0 - 1. Tras este gol o equipo local disporía de duas ou tres xogadas para empatar, e mesmo poñerse por diante, pero non as aproveitaron. Aparecería nese momento Alex que tras entrar entre dous rivais e facer un amago, dispararía un tiro raso ao pau curto para poñer o 0 - 2. Pouco despois Cristián de forte disparo desde o bordo da área que, tras pegar no poste, coaríase dentro das redes para poñer o 0 - 3. Antes de rematar a primeira metade Lucas Espiñeira cometería un penalti tras empurar ao extremo do San Pedro. O penalti deteríao Mario nunha excelente intervención, polo que co resultado de 0 - 3 chegaríase ao descanso.

Na segunda parte anularíaselle un gol a Dani por falta sobre o porteiro pero o mesmo saque sería aproveitado por Alex que, cun disparo forte, faría o 0 - 4. Tras este gol o equipo relaxaríase e froito diso chegaría o gol de Angelo tras un descoido da defensa visitante para poñer o 1 - 4. Novamente os de Ares poñeríanse o mono de traballo e chegarían dous novos goles. O primeiro de Carlos para facer o 1 - 5 e o segundo se Adri nunha acción de oportunismo para empuxar o balón ao fondo das redes e facer o definitivo 1 - 6

O próximo fin de semana os prebenxamíns do Numancia terán xornada de descanso.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.