Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. NUMANCIA, 5 – FREIXO “B”, 3.
 
 

PREBENXAMINS. NUMANCIA, 5 – FREIXO “B”, 3.

CONTINÚA A BOA PROGRESIÓN

Partido correspondente a 6ª xornada de liga (1ª fase) prebenxamin, grupo A, disputado o pasado sábado 24 de outubro, ás 10:30 h, no campo municipal de Prados Vellos (Ares) e que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de 2 – 2.
 

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Mario, Cristián, Óscar, Arturo, Lucas Espiñeira, Manu (C), Papa Omar e Dani. Tamén xogaron Rubén, Carlos, Alex, Lucas Varela e Adrián.

Adestrador: Marcelo Couce Barbeito.

Delegado: Enrique Dragoevich Ibáñez.

FREIXO “B”: Iker, Nicolás, Eneko, Iván Casteleiro, Matías, Aarón, Iván Otero (C) e Diego. Tamén xogaron Hugo e Nael.

Adestrador: Joel López Martín.

2º adestrador: Carlos García Piñeiro.

Delegado: Juan Carlos Vázquez Fraga.

ARBITRO: Iván García Rey. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Papa Omar (2), Cristian (2) e Alex

Freixo “B”: Nicolás (2) e Aarón.

COMENTARIO:

Partido correspondente á xornada 6ª da primeira fase prebejamín. Enfrontábanse o 5° clasificado (Numancia) contra o 4° clasificado (Freixo “B”) en Prados Vellos. Ambos equipos con empate de puntos e pelexando por esa 4ª praza que achegaría máis aos equipos ao grupo 1º. Empezaba o partido con igualdade no campo a pesar do temperán gol de Papa Omar no min. 4. Froito desta igualdade chegarían en dous minutos os dous goles consecutivos do Freixo “B” ao cuarto de hora de hora de partido, obra de Nicolás e Aarón. Xusto antes do descanso marcaba de novo Papa Omar para os locais polo que nos iamos ao vestiario con empate a douses.

O segundo tempo tería cor vermella tras unha mellora no xogo do equipo numantino. Ao pouco de reiniciarse o partido Cristián marcaba o 3 - 2. Tras varias xogadas que ben puideron acabar en gol para os locais chegaría por sorpresa un novo gol de Nicolás que poñia o 3 - 3. A pesar diso o equipo aresano soubo reaccionar ben e de novo acurralou ao Freixo “B” no seu campo e nos minutos finais chegarían os últimos 2 goles. Obra de Cristián desde un pouco máis atrás da liña de fóra de xogo e de Alex a disparo cruzado.

Nova vitoria dos prebejamines que seguen mellorando aos poucos e conseguen outros 3 puntos importantes que, tras a derrota do Freixo “A” colócanse terceiros a falta de 5 xornadas para que conclúa esta primeira fase do campionato.

O próximo fin de semana os prebenxamíns do Numancia xogarán a domicilio na Gándara fronte o Racing San Pedro.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.