Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. EF R. FERROL “B”, 2 - NUMANCIA, 3.
 
 

PREBENXAMINS. EF R. FERROL “B”, 2 - NUMANCIA, 3.

CLARO DOMINIO, PERO FALTOU PUNTERÍA

Partido correspondente a 5ª xornada de liga (1ª fase) prebenxamin no grupo A disputado na tarde do pasado venres 16 de outubro, ás 19:10 h, nas instalación da Malata e que rematou con vitoria visitante. Ao descanso o resultado era de 1 – 2.


FICHA TECNICA

EF R. FERROL “B”: Abraham, David, Jorge, Pepe, Alejandro (C), Alex, Alexanco e Sebastian. Tamén xogaron Mario, Martina, Xairo, Antón, Melvin e Iván.

Adestrador: Noelia Leira Sanjurjo.

Delegado: Juan Paolo Ramos Campos.

NUMANCIA: Mario, Rubén, Carlos, Alex (C), Cristian, Arturo, Manu e Dani. Tamén xogaron Lucas Varela, Adrián e Lucas Espiñeira.

Adestrador: Marcelo Couce Barbeito.

Delegado: Enrique Dragoevich Ibáñez.

ARBITRO: Raúl Acebo Bustabad. Sen incidencias.
Numancia de Ares.
Partido de dominio visitante en case todo o encontro. Na primeira metade os de Ares comezaron algo durmidos e antes dos 5 minutos encaixaban o primero gol tras un forte disparo de Pepe dende fora da área. A partir dese momento dominio case total dos visitantes que pouco a pouco gañaban terreo e, nunha carreira de Alex, este cruza o balón cun disparo potente inalcanzable para o porteiro. Aos poucos minutos un córner sacado por Alex era rematado en propia porta polos defensas locais. Antes do descanso ainda terían os de Ares tres novas oportunidades. Cristián por duas veces, una ao pau e outra sacouna o gardameta. E a outra a tivo Alex mandando o balón por enriba da meta. Polo que se chegou o descanso co marcador de 1 – 2.

Na segunda parte volvían a sair os visitantes un pouco durmidos e encaixaban un novo gol materializado por Iván para empatar o partido, 2 a 2. Pero pronto volvían os de Ares a recuperar o xogo da primeira metade e cun claro dominio terían ata 10 ou 11 ocasións, nas que destacan 3 paus máis, e otros tantos mans a mans co portero local. Case o final do encontro de novo Alex conseguía bater ao porteiro con outro disparo cruzado para poner o definitivo 2 – 3.

O próximo fin de semana os prebenxamíns do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do Freixo “B”.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.