PREBENXAMINS. NUMANCIA, 10 – G. CARANZA, 3.

SEGUIMOS APRENDENDO

Partido correspondente a 4ª xornada de liga (1ª fase) prebenxamin no grupo A disputado na tarde do pasado venres 9 de outubro, ás 17:30 h, no campo municipal de Prados Vellos (Ares) e que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de 4 – 1.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Mario, Rubén, Carlos (C), Alex, Cristián, Adrián, Arturo e Lucas Espiñeira. Tamén xogaron Oscar, Manu, Papa Omar e Dani.

Adestrador: Marcelo Couce Barbeito.

Delegado: Enrique Dragoevich Ibáñez.

G. CARANZA: Fabio, Yeray (C), Erik, Jorge, Brais, Adrián, Hugo e Isaac. Tamén xogou Lucas.

Adestrador: Alexandre Pérez Rodríguez.

Delegado: Gumersindo Roca Rivas.

ARBITRO: Roberto Díaz Cruz. Sen incidencias.

Partido que pronto se poñía de cara para os de Ares pois aos cinco minutos do seu comezo o marcador xa era de 3 - 0, goles marcados por Alex. Aos poucos o Caranza foise estirando e pasou a ter o control da pelota durante bastantes minutos, creando ocasións, pero o porteiro local Mario, e a falta de acerto dos dianteiros visitantes malograron a maioría das ocasións ferrolás. No minuto 17 Fabio acurtaba distancias para os visitantes cun disparo desde fóra da área. Pero sobre o asubío que daba paso ao descanso Papa Omar volvía marcar para os locais. Co resultado de 4 - 1 marchábamos ao descanso.

Tras a reanudación, e en apenas dez minutos, seis novos goles subían ao marcador, cinco por parte local, un de Alex, dous de Carlos e dous de Papa Omar; e para os visitantes marcaba Brais. O marcador xa reflectía un claro 9 - 2 para os de Ares. Antes do asubío final Hugo marcaba para o Caranza e Carlos establecía o definitivo 10 - 3.

O próximo fin de semana os prebenxamins do Numancia desprazaranse ata A Malata para disputar a 5ª xornada fronte a EF Racing de Ferrol “B”, o partido está fixado para o venres 16, ás 19:10 h.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 




Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.