PREBENXAMINS “B”. CEDEIRA, 5 – NUMANCIA “B”, 4.
REMATA UNHA SENSACIONAL TEMPORADA.
O prebenxamíns “B” caeu por cinco goles a catro fronte o Cedeira en partido xogado na tarde do pasado mércores en O Beco. O encontro correspondente a última xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso con vitoria local de dous a un.
Cedeira, 6 de maio de 2015
FICHA TÉCNICA
CEDEIRA: Brais, Marcos Quiza, Marcos Dopico, Rubén, Hugo, Miguel (C), Damián e Manuel. Tamén xogaron David Martínez, Álvaro, Raúl, Iago, Carlos e David Breijo.
Adestrador: Alejandro Piñón Rodríguez.
Delegado: Juan Amor Pousada.
NUMANCIA “B”: Óscar, Leo, Cristian, Luís, Mateo (C), Sergio, Papa Omar e Rubén. Tamén xogou Alex.
Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.
Delegado: Ángel Blanco Cartelle.
ARBITRO: Alejandro Méndez Bouza. Sen incidencias.
GOLES:
Cedeira: Damián (2), Álvaro (2) e Manuel.
Numancia “B”: Leo (2), Alex e Papa Omar.
Último partido de liga disputado nas instalación de O Beco (Cedeira) entré o terceiro e segundo clasificado da liga, dous grandes equipos que ofreceron un gran partido nunha fantástica tarde de fútbol. O Numancia combinaba e combinaba, mentres o Cedeira defendíase. A pesar diso, duas rápidas contras dos locais poñían o 2 - 0 no marcador. O Numancia continuou poñendo o fútbol todo o partido pero nunca estivo por díante no marcador, a pesar de ter ocasións de todas as cores. Finalmente o Cedeira impuxose por un gol, rematando o encontró no 5 – 4 coñecido. Pese a derrota, bonito partido para despedir unha competición de liga espectacular dos de Ares. Noraboa rapaces !!
O próximo fin de semana, 8 e 9 de maio, os prebenxamíns “B” do Numancia disputarán o Torneo de Convivencia da Delegación de Ferrol nas instalacións de Río Seco (Narón).
Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.