Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 5 – EUME, 2.
 
 

PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 5 – EUME, 2.

GRAN VITORIA PESE AS BAIXAS


Vitoria dos prebenxamíns “B” por cinco goles a dous fronte o Eume en partido xogado na maña do pasado sábado en Prados Vellos. O encontro correspondente a 21ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de tres a cero.


Ares, 2 de maio de 2015


FICHA TÉCNICA


NUMANCIA “B”: Óscar, Leo, Cristián, Rubén, Alex, Sergio (C), Mateo García e Papa Omar.


Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.


2º adestrador: Vicente Ángel Guerrero Mena.


Delegado: Ángel Blanco Cartelle.


EUME: Abel, Daniel, Aitor, Joaquín, Iván, Mario (C), Ottavio e Iago. Tamén xogaron “non veñen reseñados na acta do partido”.


Adestrador: Emilio Piñeiro.


Delegado: Alfonso Pérez.


ARBITRO: Daniel Rodríguez Solloso. Sen incidencias.


GOLES:


1 - 0: MATEO GARCIA (min. 2), balón que intercepta Mateo en tres cuartos de campo rival para encarar en solitario a meta visitante e marcar por abaixo.


2 - 0: LEO (min. 4), de libre directo.


3 - 0: PAPA OMAR (min. 17), libre directo de Alex que toca na barreira, o balón queda solto na área, recólleo Papa Omar regatea a un defensa e marca polo pau curto.


3 - 1: LUCAS (min. 37), balón co que se fai Lucas na frontal da área, canea aos defensas aresáns e bate a Oscar.


4 - 1: ALEX (min 45), balón co que se fai Alex no centro do campo para encarar en solitario a meta visitante e bater por arriba o porteiro.


5 - 1: PAPA OMAR (min 46), pase en lago de Alex para Papa Omar quen se tira ao balón adiantándose ao porteiro para envíalo ao fondo da rede.


5 - 2: OCTTAVIO 15) (min. 49), de libre directo.


Un Numancia cos efectivos xustos afrontaba este pasado sábado contra o Eume o seu penúltimo partido de liga. Os de Ares xogaron o partido sen xogadores de refresco no banco, máis iso non foi impedimento para que realizasen un gran partido. Aproveitamos a ocasión para mandar ánimos e un forte abrazo a Mateo Martínez e a Luís para que se recuperen pronto.


Comezaba un partido no que os de Ares pronto poñían terra de por medio. Aos dous minutos do comezo Mateo García marcaba o primeiro tanto local. Pouco despois Leo de libre directo anotaba o segundo. Puideron caer algún máis do lado local se o disparo de Alex non se encontrase co pau. Se Papa Omar non desaproveitase un lanzamento de penalti. Ou se os disparos posteriores de Papa Omar e Rubén non se estrelasen no lateral da rede. Todo isto sucedía nos primeiros doce minutos de xogo. Sí estaría acertado Papa Omar nunha xogada posterior ao aproveitarse dun balón solto na área para anotar o terceiro dos de Ares. Continuou o claro dominio local ata a finalización do primeiro tempo con algunha ocasión máis pero o marcador ao descanso quedou no 3 - 0.


Comezaba o segundo período cunha boa ocasión para o Eume de acurtar distancias, pero o xogador ¿nº 9? cruzaba en exceso o balón diante de Oscar. Reacción local con dous man a man de Papa Omar fronte ao porteiro eumés, e un disparo de Rubén, todos eles respondidos cunhas boas intervencións do gardameta eumés. O Eume neste segundo tempo sairía algo máis enchufado e obtería o premio co gol por medio de Lucas quen poñia o 3 - 1. Posteriormente Lucas estrelaría o balón no pau marrando unha nova ocasión eumesa. O gol e as ocasións dos visitantes levantáronlles os ánimos e fixeron irse ao equipo algo arriba desatendendo un tanto as labores defensivas que os de Ares non desaproveitaron. Alex conseguía un balón no círculo central e encaraba en solitario a meta visitante para marcar o cuarto tanto local. Na xogada seguinte de novo Alex conseguía un balón en tres cuartos de campo e poñiao ás costas da defensa local para a entrada de Papa Omar que marcaba o quinto. Sobre o asubío final Octtavio de libre directo establecía o definitivo 5 - 2.


Os prebenxamíns “B” terán xornada entre semana, será o mércores 6, ás 18:00, en Cedeira, no que será o último partido da liga 2014-15.


Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.