Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. G. CARANZA “B”, 1 – NUMANCIA “B”, 1.
 
 

PREBENXAMINS “B”. G. CARANZA “B”, 1 – NUMANCIA “B”, 1.

MOI BOA IMAXE PESE AS BAIXAS

Empate a un gol dos prebenxamíns “B” fronte o G. de Caranza “B” en partido xogado na tarde do pasado venres en Caranza. O encontro correspondente a 20ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de empate a cero.


Caranza, 24 de abril de 2015

FICHA TÉCNICA

G. CARANZA “B”: Fabián, Alexander, Saúl, Martín, Manuel, Daniel, Alex e Francisco (C). Tamén xogaron Hugo, Anxo, Thiago, Yohan, Xoel e Iker.

Adestrador: José Fernandez Amado.

Delegado: Ignacio Pato González.

NUMANCIA “B”: Óscar, Lucas Varela, Leo, Cristián (C), Alex, Luís, Mateo García e Papa Omar. Tamén xogou Mario.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ARBITRO: Miguel A. Piñón López. Sen incidencias.

GOLES:

G. Caranza “B”: Iker.

Numancia: Alex.

Desprazamento complicado para un Numancia acuciado polas baixas o que obrigou a tirar da canteira. Nesta ocasión eran os biberóns Lucas Varela e Mario Rañales os que terían que botar unha man aos prebenxamíns do "B".
Numancia de Ares. Prebenxamíns "B".
Partido pouco vistoso o do venres pasado, no que o Numancia pese as baixas foi algo superior os locais. Dos de Ares foron as mellores ocasións do partido, ainda así serían os locais os que se adiantarían no marcado cun gol de Iker na única xogada de perigo dos de Caranza. Empataría pouco despois Alex para os de Ares, e con este resultado de empate a uns remata o partido. Destacar a gran actuación de Mario e Lucas, dous biberóns que neste partido botaron una man os prebenxamíns rendindo a un gran nivel e que a bo seguro gañaron unha boa experiencia.

A falta de dous partidos o prebenxamín “B” do Numancia rematará o campionato como segundo clasificado do grupo 2, unha máis que meritoria praza despois dunha temporada fantástica, e que sin dubida servirá aos nenos para continuar ilusionados co fútbol.

Na próxima xornada os prebenxamíns “B” do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do Eume Deportivo.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.