Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 5 – EF CABANAS, 5.
 
 

PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 5 – EF CABANAS, 5.

EMOCION E IGUALDADE ATA O FINAL.

Empate a cincos dos prebenxamíns “B” do Numancia fronte o Cabanas en partido xogado no serán do venres en Prados Vellos. O encontro correspondente a 19ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso con vitoria local por tres a dous.


Ares, 17 de abril de 2015

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA “B”: Oscar, Leo, Cristian (C), Alex, Luis, Mateo García, Sergio e Papa Omar. Tamén xogaron Mateo Martínez e Rubén.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

2º adestrador: Vicente Ángel Guerrero Mena.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

EF CABANAS: Adrián, Martín Vega, Hugo Amado, Roi, Martín Pérez (C), Unai, Pablo e Diego. Tamén xogaron Hugo Rey, Ero, Antia e Daniel.

Adestrador: Henry Briceño.

Delegado: Santiago Vega García.

ARBITRO: Roberto Domínguez Janeiro. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: Papa Omar (min. 2), contragolpe pola dereita do Numancia con centro á área para a entrada de Papa Omar que marca de disparo raso.

1 - 1: Martín Veiga (min. 9), centro dende a dereita que recolle Martín dentro da área para marcar.

1 - 2: Martín Veiga (min. 14), pase de Ero dende o lateral da área ao punto de penalti onde recolle Martín libre de marca para enviar o fondo da rede.

2 - 2: Alex (min. 15), balón en longo ás costas dos defensas co que se fai Alex para marcar ante a saída do porteiro visitante.

3 - 2: Alex (min. 23), pase en profundidade de Luís para Alex que encara a área, o seu primeiro disparo é rexeitado polo porteiro, recolle o rexeitamento e marca a porta baleira.

3 - 3: Hugo Amado (min. 30), internada por banda dereita de Martín, centro á área que remata Hugo libre de marca.

3 - 4: Hugo Amado (min. 39), Hugo de libre directo.

3 - 5: Hugo Amado (min. 40), perda de balón dos de Ares no círculo central o que consegue Hugo para encarar a Oscar e batelo por arriba.

4 - 5: Alex (min. 42), disparo afastado de Leo que rexeita o porteiro, do rexeitamento aprovéitase Alex para marcar.

5 - 5: Leo (min. 45), saque do porteiro visitante que recolle Papa Omar no círculo central, avanza pola dereita e abre cara ao centro sobre Leo que dispara próximo á área e bate por arriba o porteiro.

O pasado venres puidemos ver en acción a dous dos mellores equipos do grupo, Numancia e EF Cabanas, dous equipos que ofreceron aos presentes un vibrante e emocionante partido. Comezaba o choque poñéndose por diante os de Ares nos minutos iniciais por medio de Papa Omar. Continuou o partido dominado polo conxunto local, que quedaba con oito xogadores nos primeiros minutos tras a lesión de Mateo Martínez. Non aproveitaron algunha boa ocasión os de Ares para poñer máis terra de por medio e vían como os de Cabanas por medio de Martín Veiga lle daban a volta ao marcador para poñer o 1 - 2. O resultado era rápidamente contrarrestado polo gol de Alex para volver as táboas ao marcador. Pouco antes do descanso era de novo Alex o que acertaba na diana, o que permitía aos locais irse ao descanso cun 3 - 2 a favor.

Na segunda metade saía algo máis enchufado o Cabanas e un inspirado Hugo Amado facía chegar por tres veces o balón ao fondo da rede local para poñer o 3 - 5 a falta de cinco minutos para o final. No arreón final do partido os de Ares botaron o resto e aparecían Alex, por terceira vez, e Leo para poñer o xusto e definitivo 5 - 5 nun partido que mantivo a emoción ata o asubío final.

O próximo fin de semana os prebenxamíns “B” do Numancia xogarán a domicilio fronte o Galicia de Caranza “B”.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.