Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. PERLIO, 2 – NUMANCIA “B”, 5.
 
 

PREBENXAMINS “B”. PERLIO, 2 – NUMANCIA “B”, 5.

PROGRESIÓN CONSTANTE

Vitoria a domicilio do equipo prebenxamín “B” do Numancia por cinco goles a dous fronte o Perlio en partido xogado na maña do pasado sábado en Os Pinares. O encontro correspondente a 18ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso con empate a uns.

 


Fene, 11 de abril de 2015

FICHA TÉCNICA

PERLIO: Xavier, Hugo, Nerea (C), Pedro, Lucas, Aitana, Jorge e Izán. Tamén xogaron Hosam, Martín e Hugo.

Delegado: Gonzalo Beceiras Bellas.

NUMANCIA “B”: Oscar, Mateo Martínez (C), Leo, Cristián, Alejando, Luís, Mateo García e papa Omar. Tamén xogaron Sergio e Rubén.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

2º adestrador: Vicente Ángel Guerrero Mena.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ARBITRO: Miguel Orozco Castaño. Sen incidencias.

GOLES:

Perlío: Lucas, Izán, Jorge (propia porta)

Numancia: Mateo García, Alejandro, Luís e Leo.

O sábado pola mañá chegaba o Numancia a Perlío, para enfrontarse a un dos mellores equipos da segunda volta, polo que o partido non se antollaba nada doado. Serían os locais os que dominarían nos primeiros minutos ante un Numancia que saía algo durmido. Combinaría ben o Numancia nun dos seus primeiros ataques, creando perigo na portaría local e a partir de aquí esa sería a tónica xeral do encontro. O xogo combinativo dos de Ares serviu para ver na mañá do sábado unha vitoria visitante sen moitas complicacións. Novo partido para ver as mellorías xerais de todo o conxunto e ver como Oscar está nunha mellora constante na portaría.

O próximo fin de semana os prebenxamíns “B” do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita da EF do Cabanas. O partido será o venres 17, as 19:00 h.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 


Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.