PREBENXAMINS “A”. R. SAN PEDRO, 4 – NUMANCIA “A”, 5.

VITORIA IN EXTREMIS.

Vitoria a domicilio do prebenxamín “A” do Numancia por cinco goles a catro fronte o R. San Pedro en partido xogado na tarde do pasado venres en A Gándara. O encontro correspondente a 17ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 1 chegou ó descanso cun marcador de dous a cero.


Ferrol, 27 de marzo de 2015

FICHA TÉCNICA

R. SAN PEDRO: Marcos, Mauro, Diego, Joel, Jesús (C), Hugo, Santiago e Alejandro. Tamén xogaron Brandon e Iker.

Adestrador: Alejandro Caneiro Penabad.

Delegado: Adrián Díaz Otero.

NUMANCIA “A”: Marcos, Hugo, Iker, Isma, Lucas, Aketx, Dani e Ángel (C). Tamén xogou David.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ARBITRO: Rodrigo Serrano Naveiras. Sen incidencias.

GOLES:

R. San Pedro: Joel (2), Jesús, Iker,

Numancia: David, Ángel, Dani, Aketx, Hugo.

Antes de comezar o partido gardouse un minuto de silencio en recordo das vítimas do accidente aéreo dos Alpes.
Numancia de Ares. Prebenxamíns "A".
Partido disputado o pasado venres en A Gándara entre un San Pedro que nesta recta final está a ir a máis, e un Numancia que chegaba coa moral alta e quizais cun exceso de confianza, o que desembocou nunha mala primeira parte en todos os aspectos do equipo visitante. Isto provocou que se chegase ao descanso cun marcador de 2 - 0, sen o San Pedro facer tampouco demasiado xogo, cuestión de ganas.

A segunda parte comezou de xeito distinto, os de Ares saíron máis enchufados, pero aínda así o balón non quería entrar, e a isto o San Pedro ainda por riba ampliaba a súa vantaxe a 3 - 0. Quedaban 15 - 20 min e non quedou outra que ir a pola remontada. Cun equipo envorcado, con Dani e Lucas vixiantes nas tarefas defensivas, chegaría o 3 - 1, pero de seguido contrarrestado polo 4 - 1 do San Pedro. Todo seguiu igual ata o final, os de Ares apertaban e non lles faltaban ocasións e froito diso conseguiuse igualar o partido 4 - 4. Quedaban aínda 2 minutos e no último córner do partido sería Hugo, de gol olímpico quen anotaría o definitivo 4 - 5, o que provocaba a alegría dos nenos que acababan o partido moi contentos, pero sabedores de que sen ganas é imposible obter resultados positivos.

A próxima semana parase a competición liguera con motivo da Semana Santa. Ainda así un equipo prebenxamín do Numancia participará no III Torneo de Fútbol – 8 Concello de Mugardos, a celebrar no campo da Pedreira, o xoves 2 de abril.

A competición oficial de liga retomarase na segunda semana de abril, despois da Semana Santa, onde os prebenxamíns “A” do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita da E.F. do Racing de Ferrol “B”.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.