Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. PORTUARIOS, 2 – NUMANCIA “B”, 1.
 
 

PREBENXAMINS “B”. PORTUARIOS, 2 – NUMANCIA “B”, 1.

LOITOUSE ATA O FINAL

Derrota a domicilio do prebenxamín “B” do Numancia por dous goles a un fronte o Portuarios en partido xogado na tarde do pasado venres en Aneiros. O encontro correspondente a 16ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 1 - 1.
 


Serantes (Ferrol), 20 de marzo de 2015

FICHA TÉCNICA

PORTUARIOS: Bruno Gándara, Bruno Carregal (C), Sergio, Antonio Bustabad, Daniel, Rául, Iker Vieites e Jorge. Tamén xogaron Juan, Iker López, Alex, Antonio Monteiro e Brais.

Adestrador: Julián Carro Aguado.

Delegado: David Salgueiro Silvar.

NUMANCIA “B”: Oscar, Leo, Cristian, Alejandro, Luís, Mateo García (C), Sergio e Papa Omar. Tamén xogou Mateo Martínez.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ARBITRO: Christian Pérez Tejerina. Sen incidencias

GOLES:

Portuarios: Bruno Carregal e Jorge.

Numancia "B": Leo.

Visitaba o Numancia o difícil campo de Aneiros para enfrontarse ao Portuarios, líder da categoría, e os de Ares segundos. Ambos os dous equipos sabían que o partido era distinto e especial a pesar de ser nenos, o que gañase daba un paso moi importante de cara á clasificación e, nada máis empezar o partido o Numancia tería boas ocasións de gol, con boas xogadas por parte de Papa Omar, Sergio e Alex, aproveitando os balóns de Luís. Nun córner, lanzado por Luis e rematado con todo por Leo, o Numancia adiantábase, obtendo unha merecida recompensa. Reaccionaria o Portu, tendo algunha boa ocasión que Oscar acertaba en atallar. E pouco antes do descanso Bruno Carregal empataba o partido nun dos poucos despistes visitantes na primeira metade. Co resultado de empate a un gol marchábamos ao descanso.

A segunda parte comezou cun Numancia algo máis durmido, quizais polo empate do Portu, e aos oito minutos do reinicio os de Ferrol Vello poñíanse por diante, tras aproveitar o seu dianteiro Jorge un fallo no saque de portaría dos de Ares. Terían máis ocasións os locais pero Oscar abortábaas con grandes paradas. E a falta de 15 minutos o Numancia envorcouse no campo do Portuarios, sen acabar de ter unha ocasión clara ata que, a falta de dous minutos Luis poñía un centro que tras algún rexeitamento Papa Omar empurraba a gol facendo o 2 - 2 que anularía o colexiado por un suposto fóra de xogo inexistente. Remataba o partido e a reacción do Portuarios, case celebrando o título, valoraba perfectamente a temporada do prebenjamin "B" do Numancia, que seguirá loitando como ata o de agora, sen renderse, con gañas e con ilusión e sabendo que eles tamén cumpriron o seu obxectivo.

O próximo fin de semana os prebenxamíns “B” do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do C.D. Cariño.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.