PREBENXAMINS “A”. NUMANCIA “A”, 1 – O VAL, 1.

BO PARTIDO ANTE O SEGUNDO DO GRUPO


Empate do equipo prebenxamín “A” do Numancia a un gol fronte a S.D O Val en partido xogado na tarde do pasado venres en Prados Vellos. O encontro correspondente a 15ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 1 chegou ó descanso cun marcador de 0 - 0.


Ares, 13 de marzo de 2015


FICHA TÉCNICA


NUMANCIA: Marcos, David, Xerar, Hugo, Iker, Isma, Lucas (C) e Daniel. Tamén xogou Ángel.


Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.


Delegado: Ángel Blanco Cartelle.


O VAL: Borja, Adrián Felices, Álvaro, Cristian, Javier, Iago Estevez, Alejandro e Adrián Novo (C). Tamén xogaron Carlos, Alexandre, Lucas, Iago Hermida e Antón.


Adestrador: Cesar Fraga Estevez.


Delegado: Francisco J. Casal Mayobre.


ARBITRO: Daniel Pérez Ferro. Sen incidencias.


GOLES:


0 – 1: Álvaro (min. 35).


1 – 1: Hugo (min. 40).

Numancia de Ares. Prebenxamíns "A".

Bonito partido o disputado o venres entre o Numancia e O Val, no cal os de Ares levaron o peso do partido, dispoñendo da posesión e das ocasións ao longo do partido. Tamén os valexos terían algunha que outra ocasión máis propia da calidade individual, e deste xeito chegaría o 0 - 1 cun disparo dende longa distancia de Álvaro que superaba por alto a Marcos que nada podía facer. Rápidamente Hugo poñería a igualada, cun golazo. Nos minutos finais os de Ares fóronse a polo partido dispoñendo Hugo e Isma das mellores oportunidades para levalo, pero non houbo sorte. En definitiva un empate e unhas sensacións que a bo seguro darán esa confianza para seguir aprendendo.


O próximo fin de semana o equipo prebenxamín “A” do Numancia terá xornada de descanso.


Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.