Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “A”. G. DE CARANZA, 5 – NUMANCIA “A”, 2.
 
 

PREBENXAMINS “A”. G. DE CARANZA, 5 – NUMANCIA “A”, 2.

GRAN ESFORZO, POUCA RECOMPENSA.

 

Derrota do equipo prebenxamín “A” da ADR Numancia de Ares por cinco a dous fronte o G. de Caranza en partido celebrado na maña do sábado en Caranza. O encontro correspondente a 14ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 1 chegou ó descanso cun marcador de 2 – 1.

 

Ferrol, 7 de marzo de 2015.

 

FICHA TÉCNICA

 

G. DE CARANZA: Daniel, Antón, Diego, Alejandro (C), Samuel, Edgar, Joel e Aarón. Tamén xogaron David, Iker, Sergio, Asier e Christian.

 

Adestrador: Rafael Miranda Veiga.

 

Delegado: Hugo Pierre Morales.

 

NUMANCIA: Marcos, Xerar, Hugo, Iker, Isma, Lucas (C), Dani e Ángel. Tamén xogaron David e Aketx.

 

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

 

2º Adestrador: Vicente Guerrero Mena.

 

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

 

ARBITRO: Daniel López Morais. Sen incidencias.

 

GOLES:

 

G. de Caranza: Diego (2), Samuel, Daniel e Antón.

 

Numancia: Xerar e Hugo.

 Numancia de Ares. Prebenxamíns "A".

Partido interesante e igualado ata os últimos minutos o disputado en Caranza o pasado sábado, cun Numancia que saíu algo durmido sendo superado polos locais nos primeiros minutos de partido. Remataría a primeira parte con mellores sensacións e co resultado de 2 - 1 ao descanso. A segunda parte comezaba cun Numancia moito mellor, con máis confianza e a mesma entrega que no primeiro período. Cando mellor o estaban facendo os de Ares, o G. de Caranza anotaba o 3 - 1, o que supuxo un xarro de auga fría. Pouco despois, Hugo acurtaba distancias co 3 - 2, levantando os ánimos visitantes que se foron a polo empate. Pero fútbol é fútbol e os locais aumentaban o marcador nos últimos instantes do partido ata o definitivo 5 - 2. Resultado demasiado abultado para o visto no campo ante un rival que foi superior pero non tanto.

 

O próximo fin de semana o equipo prebenxamín “A” do Numancia recibirá en Ares no que será a 15ª xornada de competición a SD O Val.

 

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.