Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 6 – O VAL “B”, 2.
 
 

PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 6 – O VAL “B”, 2.

CONTINUASE A CAZA DO LIDER

 

Vitoria do equipo prebenxamín “B” da ADR Numancia de Ares por seis a dous fronte a SD O Val “B” en partido celebrado no serán do venres en Prados Vellos. O encontro correspondente a 14ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 4 - 2.

 

Ferrol, 6 de marzo de 2015.

 

No partido de hoxe debutaba no banco do equipo numantino como 2º adestrador, Vicente Guerrero "Teti", actual capitán do primeiro equipo da entidade aresana. Teti, xunto con Borja faranse cargo dos labores de adestramento dos equipos de prebenxamíns ata final de temporada. Dende aquí aproveitamos a ocasión para felicitalo na súa nova andaina e desexámoslle moita sorte.

 

FICHA TÉCNICA

 

NUMANCIA “B”: Leo, Mateo Martínez, Alejandro, Luís, Mateo García (C), Sergio, Mario e Rubén. Tamén xogaron Brais e Cristian. 

 

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

 

2º adestrador: Vicente Guerrero Mena.

 

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

 

O VAL “B”: Sergio, Ramón, Samuel, Heitor (C), Gabriel, Lucas, Marcos e Rubén. Tamén xogaron Hugo, Manuel, Roi, Fabio, Oscar e Iván.

 

Adestrador: Bruno Seijido Ramos.

 

Delegado: Pedro Eusebio Tejada Rivas.

 

ARBITRO: Miguel Ángel Orozco Castaño. Sen incidencias.

 

GOLES:

 

Numancia “B”: Luís (2), Alejandro e Brais

 

O Val “B”: Gabriel (2) e Samuel (2) en propia porta.

 

Bo partido do prebenxamín "B" fronte á SD O Val "B" malia contar con ausencias importantes. Os de Ares comezaban encaixando un gol nos minutos iniciais que pronto contrarrestaba Alejandro. Pouco despois Luís poñía por diante os de Ares. Co paso dos minutos os locais fóronse facendo co control do partido, pero os valexos volvían empatar o choque. Antes do descanso un golpe de fortuna aliouse cos de Ares e dous goles en propia meta dos visitantes permitiu ao Numancia irse ao descanso cun marcador de 4 - 2. Na reanudación continuaron os locais co dominio no terreo de xogo, o que propiciou que Brais e Luís marcasen dous novos goles para saldar un partido que se gañou sen moitos apuros.

 

O próximo fin de semana o equipo prebenxamín “B” do Numancia disfrutará de xornada de descanso.

 

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.