PREBENXAMINS “A”. NUMANCIA, 7 – R. DE NEDA, 1.

BO PARTIDO

Vitoria do equipo prebenxamín “A” da ADR Numancia de Ares por sete goles a un fronte o Rápido de Neda en partido celebrado na maña do pasado sábado en Prados Vellos. O encontro correspondente a 13ª xornada da 2ª fase da liga no grupo 1 chegou ó descanso cun marcador de 3 - 0.



Ares, 28 de febreiro de 2015.

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Marcos, David, Xerar, Hugo, Iker, Isma, Lucas (C) e Dani. Tamén xogou Aketx.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

2º adestrador: Ángel Blanco Cartelle.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

RÁPIDO DE NEDA: Iker Teijeiro (C), Antón, Alejandro, Iker Redondo, Mateo, Rodrigo, Ilay e Martín. Tamén xogaron Diego, Brais, David e Roi.

Adestrador: Alberto Fornos Perille.

Delegado: Fernando Pita Piñón.

ARBITRO: Roberto Díaz Cruz. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: Xerar (min. 2), gol de libre directo de Xerar en lanzamento dende o pico esquerdo da área que supera o porteiro por arriba.

2 - 0: Lucas (min. 14), forte disparo de Hugo que intercepta o porteiro visitante, a defensa despexa o balón cara ao pico dereito da área onde o recolle Lucas para marcar de forte disparo.

3 - 0: Hugo (min. 24), roubo de balón de Xerar no lateral da área, éste pon un centro pasado ao segundo pau por onde entra Hugo para marcar a pracer.

4 - 0: David (min. 37), balón en profundidade de Hugo para David quen se vai por velocidade do seu marcador para resolver de vaselina ante a saída do porteiro.

5 - 0: Isma (min. 40), disparo de Isma dende tres cuartos de campo que o porteiro visitante non logra atallar.

6 - 0: Lucas (min. 42), saque de esquina de Aketx sobre Lucas quen controla o balón dentro da área e marca de disparo raso.

6 - 1: Rodrigo (min. 48), saque de esquina que bota o Neda e gol de volea de Rodrigo.

7 - 1: Xerar (min. 49), contragolpe do Numancia conducido e finalizado por Xerar que marca de disparo axustado á base do pau.
Numancia de Ares. Prebenxamíns "A".
Partido que comezaba ben para os intereses numantinos xa que aos dous minutos do inicio Xerar marcaba de libre directo para adiantar os de Ares. Continuou o Numancia durante moitos minutos co dominio no terreo de xogo, pero sen xerar moito perigo na meta rival. Ao cuarto de hora de partido chegaba o segundo tanto local, nesta ocasión era Lucas o que marcaba de forte disparo. Este gol fixo espertar aos xogadores do Neda que xeraron algunha boa xogada de perigo, pero non obtiveron o desexado premio, a máis clara un disparo de Mateo ao que respondeu Marcos cunha gran parada. O Numancia respondía co terceiro gol materializado por Hugo sobre o asubío final. Con este resultado de 3 - 0 marchábamos ao descanso.

A segunda metade foi máis do mesmo, continuaron os de Ares poñendo o xogo ante un Neda traballador que trataba de contragolpear cos seus xogadores de ataque pero que se vía freadas as súas aspiracións pola ben plantada defensa local. No minuto 37, os de Ares volvían acertar na meta visitante despois dun bo centro de Xerar que Hugo non desaproveitaba. Nos dez últimos minutos de partido e cun Neda desarborado os de Ares marcarían tres novos goles. O primeiro de Isma cun disparo dende fóra da área. Posteriormente Lucas de disparo raso despois dun bo saque de esquina executado por Aketx. E para saldar o marcador chegaría o gol de Xerar en xogada individual. No medio dos dous últimos goles locais chegaría o gol da honra de Rodrigo para o Neda

O próximo sábado, ás 11:00 h., o equipo prebenxamín “A” do Numancia xogará 14ª xornada da competición fronte o G. de Caranza en Ferrol.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.