PREBENXAMINS “B”. G. DE CARANZA “D”, 3 – NUMANCIA “B”, 4.
CONTINÚAN AS BOAS NOVAS.
Vitoria do equipo prebenxamín “B” da ADR Numancia de Ares por catro goles a tres na sua visita as instalacións de Caranza donde o pasado venres disputou o seu partido fronte o G. de Caranza “D”. O encontró correspondente a 13ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 0 - 1.
Ferrol, 27 de febreiro de 2015.
FICHA TÉCNICA
G. DE CARANZA “D”: Alex (C), Marcos, Adrián Rodríguez, Javier, Manuel, Jose, Asier e Adrián Pena. Tamén xogaron Jesús, Simón, Hugo e Eduardo.
Adestrador: Antonio Quintal Díaz.
Delegado: Adrián Priegue Pais.
NUMANCIA: Oscar, Leo, Cristián, Alejandro, Luís, Mateo García (C), Sergio e Papa Omar. Tamén xogou Mateo Martínez.
Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.
Delegado: Ángel Blanco Cartelle.
ARBITRO: Borja López Laplaña. Sen incidencias.
GOLES:
G. de Caranza: Eduardo (3)
Numancia: Luís (3) e Papa Omar.
Visitaba o prebenxamín "B" as instalacións de Caranza, onde era recibido polo conxunto local, o G. de Caranza "D". Comezaba o partido cun Caranza con gañas de empezar marcando pero rápidamente cambiarían as tórnas, collendo os de Ares o control do partido e xerando as primeiras ocasións de gol. Obterían os de Ares o premio cun golazo de Luís, tras superar o porteiro cunha preciosa vaselina dende longa distancia, para chegar con vantaxe pola mínima ao descanso.
A segunda parte máis do mesmo, un Numancia moi serio, xogando con personalidade ampliaba o marcador ata un parcial de 0 - 4 con dous novos goles de Luis e un de Papa Omar. Pero cando todo parecía visto para sentenza, a relaxación propia do resultado e o cansazo dos nenos que fixeran uns primeiros 40 minutos, moi, moi bos, apertarían o resultado ata un definitivo 3 - 4 que non facía referencia ao visto no terreo de xogo.
Boa Vitoria, e moi boa liña a destes nenos que están a facer unha temporada espectacular.
O próximo fin de semana o equipo prebenxamín “B” do Numancia recibirá en Ares no que será a 14ª xornada de competición a O Val “B”.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.