Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 4 – O FREIXO, 3.
 
 

PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 4 – O FREIXO, 3.

CON DEREITO A SOÑAR


Vitoria do equipo prebenxamín “B” da ADR Numancia de Ares por catro goles a tres fronte O Freixo en partido celebrado na maña do sábado en Prados. O encontro correspondente a 12ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 1 – 2.


Ares, 21 de febreiro de 2015.


FICHA TÉCNICA


NUMANCIA “B”: Oscar, Mateo Martínez, Leo, Cristián, Luís, Alejandro, Mateo García (C) e Sergio. Tamén xogou Papa Omar.


Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.


Delegado: Ángel Blanco Cartelle.


O FREIXO: Eloy, Rafael, Hugo, Álvaro Dopico, Diego, Álvaro Castro (C), Miguel e Derek. Tamén xogaron Rubén, Candela, Adrián e Pablo.


Delegado: Rafael Pazos Louro.


ARBITRO: Pablo Bustabad Gomes. Sen incidencias.


GOLES:


Numancia: Alejandro (2), Leo e Luís.


O Freixo: Miguel (2) e Rafael.


O prebenxamín "B" do Numancia de Ares comezaba a segunda volta da competición en Prados Vellos onde recibía a visita da SDR e R O Freixo de Narón nunha agradable mañá de sábado.


Comezaba o partido con ritmo intenso por parte dos de Ares, creando boas ocasións de gol nos primeiros minutos, pero os numantinos non obtiñan o desexado premio. Quen si o obtivo foi O Freixo, os cales por medio de Miguel se adiantaban no marcador aos oito minutos de xogo. O Numancia non cexou no seu empeño, pero volvía a encontrase, dez minutos despois cun novo gol en contra, nesta ocasión era Rafael o que poñía en vantaxe de dous goles ao seu equipo. Parecía que a pelota non lle quería entrar ao Numancia, pero antes do descanso Alejandro acertaba entre os paus para acurtar a diferenza e meter os de Ares no partido. Co resultado de 1 - 2 chegabamos ao intermedio.


A segunda parte empezaba coa mesma tónica, un Numancia envorcado e chegando con claridade, pero encontrándose cos paus, a mala sorte e as grandes intervencións do porteiro do Freixo. Aos dez minutos da reanudación, Miguel anotaba para os visitantes o 1 - 3. Resultado que poñía o partido moi costa arriba para os de Ares. Os rapaces sabedores da importancia dos tres puntos envorcáronse e foron a polo partido. Primeiro o gol de Alejandro, no minuto 38, acurtaba a diferenza a 2 - 3. E pouco despois, no nimuto 40, Leo establecía a igualada. Con cinco minutos por diante e as espadas en todo o alto no minuto 49 chegaba o gol de Luís, e que desataba en Prados Vellos a alegría duns nenos que se afianzan na 2ª praza, 8 puntos por enriba do Cedeira que é 3º, e un punto por debaixo do Portuarios que é actual líder. Noraboa e a seguir disfrutando.


O próximo fin de semana o equipo prebenxamín “B” do Numancia desprazarase ata Ferrol para xogar a domicilio co G. de Caranza “D” no que será a 13ª xornada de competición.


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.