Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “A”. E.F.R FERROL, 9 – NUMANCIA, 1.
 
 

PREBENXAMINS “A”. E.F.R FERROL, 9 – NUMANCIA, 1.

AFOGADOS NA MALATA

Partido correspondente a 12ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 1º, disputado na tarde do venres no campo de A Malata- 3 ante numerosos espectadores de ambos equipos.



Ferrol 20 de febreiro de 2015

FICHA TÉCNICA:

EF. RACING DE FERROL: Jesús, Alex, Diego, Hugo, Marcos, Enrique (C), Martín e Yago. Tamén xogaron: Alejandro, Javi, Javier, Carballeira e David.

Delegado: Iban Balaguer Álvarez.

NUMANCIA: Marcos, Dani (C), Lucas, Iker, Ángel, Isma, Aketx e Hugo. Tamén xogaron: Xerar e David.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Miguel Eduardo Orozco Castaño. Sen incidencias.

GOLES:

EF. RACING DE FERROL: Diego (3), Martín (3), Hugo, Carballeira e Marcos.

NUMANCIA: Hugo.

CRÓNICA:

Nunha tarde de venres con moitísima choiva mais propicia para quedarse na casa que para que os nenos xogasen ao fútbol, visitou o Numancia prebenxamín o pequeno campo de A Malata - 3 para medirse ao líder absoluto de prebenxamíns, o potente EF. Racing de Ferrol.
Numancia de Ares. Prebenxamíns "A".
Saíron forte os locais e no minuto 10 o marcador era de 2 - 0. Acurtaba diferencias Hugo facendo o 2 - 1 no minuto 11. Pero un arreón racinguinguista deixaba o marcador nun 6 - 1 no descanso.

Na segunda metade mellorou a imaxe do Numancia que plantou cara aos racinguistas. Aínda así a superioridade física dos locais notouse sendo o marcador final un abultado 9 - 1 favorable aos da Malata.

En resumo, partido onde o líder absoluto dos tres grupos de prebenxamíns amosou o porqué da sua superioridade, xa que conta no seu plantel con nenos seleccionados e con moita envergadura para a categoría e que aproveitan palmo a palmo o pequeno campo de A Malata - 3 para impoñerse aos seus rivais. O Numancia debe aprender dos erros e levantar á cabeza para seguir competindo nun grupo 1º onde polo momento está situado entre os 5 mellores equipos da categoría.

O vindeiro fin de semana o Numancia xogará en Prados Vellos ante o Rápido de Neda na 13ª de competición. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

"Cuando caes ante los más grandes, nadie puede llamarte pequeño"

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.