Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 2 – CEDEIRA, 0.
 
 

PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 2 – CEDEIRA, 0.

GOLPE DE AUTORIDADE

Partido corresponde a ultima xornada da primeira volta da liga local prebenxamín no seu grupo 2º, e na que os de Ares gañaron por dous goles a cero o Cedeira en partido disputado na maña do pasado sábado. Ao descanso chegouse cun marcador de 1 – 0.
 


Ares, 14 de febreiro de 2015.

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA “B”: Oscar, Leo, Cristián, Alejandro, Luís, Mateo García (C), Sergio e Papa Omar. Tamén xogou Mateo Martínez.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

CEDEIRA: Marcos, Carlos, David Breijo, Rubén, Hugo, Miguel (C), Manuel e Damián. Tamén xogaron Iago Ortíz, David Martínez, Álvaro, Iago Herrera, Martín e Ugo.

Adestrador: Alejandro Piñón Rodríguez.

Delegado: Juan J. Amor Pousado.

ARBITRO: Diego Bouza Pena. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: Luís (min. 6), centro de Sergio dende a esquerda que rexeita un defensa, o balón chega a Luís que marca cun certeiro disparo dende fóra da área que se coa por toda a escuadra.

2 - 0: Alejandro (min. 35), xogada individual de Alejandro que inicia despois dun roubo de balón, se vai dos seus marcadores e encara o porteiro para cruzarlle o esférico ao pau contrario.

Interesante e importante partido o que se disputaba este pasado sábado en Prados Vellos entre o Numancia "B" e o Cedeira de categoría prebenxamín. Os contendentes chegaban á última xornada da primeira volta na segunda e terceira posición respectivamente da táboa clasificatoria.

Primeira metade con clara posesión do conxunto local. Nos primeiros vintecinco minutos de xogo os de Ares foron os que tiveron o control da pelota, aínda que foron poucas as ocasións nas que se achegaron con perigo á área visitante cun Cedeira ben repregado atrás. No minuto seis, Luís de certero disparo dende fóra da área superaba por arriba o gardameta e adianta os de Ares. Dispuxeron posteriormente os de Ares de varios disparos a porta, pero ou ben marcharon fóra ou foron detidos polo porteiro. Papa Omar tamén tivo unha gran ocasión ao rematar un córner no segundo pau, pero o portero salvaba na mesma liña de gol.

Antes do descanso dispoñería o Cedeira dun bo contragolpe conducido por Manuel para empatar o partido, pero o valente porteiro local Oscar botábase aos pés do dianteiro malograba a ocasión visitante. Sen tempo para máis marchabamos ao descaso con vitoria pola mínima do conxunto local.

Tras o descanso o Cedeira tivo que arriscar algo máis e con espazos xerados o Numancia tivo máis o dominio do xogo. Froito diso chegaría o segundo gol dos numantinos despois dunha boa xogada de Alejandro. Co paso dos minutos sucedéronse as oportunidades locais pero o terceiro gol non chegaba. Polo tanto co resultado coñecido de Numancia 2 - Cedeira 0 chegábase ao final do partido.

Con este partido finalizou a primeira volta nesta Liga prebenxamín no grupo 2º onde participan 11 equipos. Unha liga onde o Numancia “B” remata a primeira volta na 2º posición da clasificación, logo de 8 vitorias e 1 derrota. E tan so un punto por debaixo do líder, a SDR Portuarios. Noraboa rapaces.

O próximo sábado, 21 de febreiro, ás 11:30 h o equipo prebenxamín “B” do Numancia recibirá en Ares no que será a 12ª xornada de competición a SD O Freixo.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.