Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. EUME, 2 – NUMANCIA “B”, 6.
 
 

PREBENXAMINS “B”. EUME, 2 – NUMANCIA “B”, 6.

CONSOLIDANDOSE NA SEGUNDA PRAZA

Vitoria do equipo prebenxamín“B” da ADR Numancia de Ares por seis goles a dous fronte o Eume na súa visita no serán do venres ás instalación da Gándara Eumesa. O encontró correspondente a 10ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de un a tres.
 


Pontedeume, 6 de febreiro de 2015

FICHA TÉCNICA

EUME: Abel (C), Daniel, Miguel Martínez, Aitor, Oscar, Joaquín, Javier e Iván. Tamén xogaron Sofía, Ignacio, Lucas, Miguel Leira e Iago.

Adestrador: Emilio Piñeiro González.

Delegado: Alfonso Pérez Piñeiro.

NUMANCIA “B”: Oscar, Leo, Rubén, Luís, Alejandro, Mateo García (C), Sergio e Papa Omar. Tamén xogaron Mateo Martínez e Cristian,

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ARBITRO: Daniel Pérez Ferro. Sen incidencias.

GOLES:

Eume: Lucas (2).

Numancia: Papa Omar (3), Alejandro (2) e Luís.
Numancia de Ares. Prebenxamíns "B".
Partido que pronto se poñía favorable para os intereses numantinos con dous temperáns goles obra de Papa Omar e Alejandro cando apenas transcorreran cinco minutos de xogo. Despois dunha primeira metade igualada, o eumés Lucas reducía a diferenza no marcador poñendo o 1 - 2. Antes do descanso Alejandro volvía atinar entre os tres paus e establecía o 1 - 3 con que marchabamos ao descanso.

Na reanudación un Numancia con máis mordente pronto poñía terra a medias e nos primeiros dez minutos, Luís e Papa Omar, éste por partida dobre, anotaban para os de Ares e poñía o marcador no 1 - 6. Acurtaba de novo Lucas para os eumeses no minuto 43 co 2 - 6. Puido recortar diferenzas o Eume grazas a dous penaltis, pero o meta aresano Oscar detivo o primeiro lanzamento, e no segundo o xogador local enviou o balón fóra. Sen tempo para máis chegamos ao final do partido co resultado coñecido de Eume 2 - Numancia "B" 6.

O próximo fin de semana o equipo prebenxamín“B” do Numancia recibirá en Ares no que será a 11ª xornada de competición ao Cedeira.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.