Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. EF CABANAS, 1 – NUMANCIA “B”, 8.
 
 

PREBENXAMINS “B”. EF CABANAS, 1 – NUMANCIA “B”, 8.

SÉGUESE SUMANDO.

Vitoria do equipo prebenxamín B da ADR Numancia de Ares por un tanto a oito fronte a EF Cabanas na súa visita no serán do venres a o campo de A Veiga. O encontro correspondente a oitava xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso coun marcador de 1 – 5.

 


Cabanas, 23 de xaneiro de 2015.

FICHA TÉCNICA

EF CABANAS: Darío Calvo, Martín Vega, Adrián, Hugo Amado, Roi (C), Martín Pérez, Unai e Diego. Tamén xogaron Hugo Rey, Darío Veiga, Ero, Antía e Pablo.

Adestrador: Henry Briceño Martínez.

Delegado: Luís Arto Montaña.

NUMANCIA: Oscar, Mateo Martínez, Leo, Cristian, Alejandro, Luis, Mateo García (C) e Sergio. Tamén xogou Papa Omar.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ARBITRO. Alejandro Méndez Bouza. Sen incidencias.

GOLES:

EF Cabanas: Martín Pérez.

Numancia: Luís (3), Papa Omar (3) e Alejandro (2).

No serán do pasado venres a expedición numantina prebenxamín “B” desprazabase ata Cabanas para disputar a oitava xornada de liga fronte o equipo da EF Cabanas, líder invicto do grupo.

O partido comezou con moita igualdade desenvolvéndose o xogo no medio campo. Aos sete minutos Martín Pérez adiantaba ao seu equipo poñendo o 1 – 0 no marcador. Aos poucos os de Ares foron tomándolle o pulso ao partido e comezaron a acercarse con perigo á meta local. Ao cuarto de hora de partido, Alejandro marcaba para os de Ares e empataba o partido. O gol subiu a moral visitante e novamente Alejandro no minuto 18 acertaba entre os paus da meta local para poñer en vantaxe de 1 – 2 aos de Ares. Pouco despois era Papa Omar o que facía diana. E antes do descanso, Luís por partida dobre, establecía o 1 – 5 co que se chegou ao intermedio.

Na segunda metade a tranquilidade do marcador relaxou un tanto aos de Ares permitindo chegar con perigo ao Cabanas. Oscar tivo que empregarse a fondo con algunha boa intervención para abortar as ocasións locais. Neste segundo tempo o conxunto de Ares tamén estivo máis acertado que o Cabanas, e aos dez minutos do reinicio, Papa Omar poñía o 1 – 6. Dez minutos despois era de novo Papa Omar o que facía o 1 – 7, e o seu hattrick particular. Ao filo do asubio final, Luís tamén facía o seu hattrick e deixaba o marcador no definitivo 1 – 8 final.

O próximo fin de semana o equipo prebenxamín “B” do Numancia recibirá en Ares no que será a novena xornada de competición ao Galicia de Caranza “B”.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.