Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 6 – PERLIO, 4.
 
 

PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 6 – PERLIO, 4.

CONTINÚA A PROGRESIÓN E AS BOAS SENSACIÓNS


Partido correspondente á sétima xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no seu grupo 2 disputado na mañá do sábado en Prados Vellos entre Numancia "B" e Perlío que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de 5 - 1.


Ares, 17 de xaneiro de 2014.


FICHA TÉCNICA


NUMANCIA: Oscar, Leo, Cristian, Luís, Alejandro, Mateo García (C), Sergio e Rubén. Tamén xogaron Mateo Martínez e Papa Omar.


Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.


Delegado: Ángel Blanco Cartelle.


PERLIO: Xavier Dopico, Hosam, Pedro, Lucas, Aitana, Jorge, Hugo Camba (C) e Izán. Tamén xogaron, Hugo López, Nerea, Martín e Xavier Fernández.


Delegado: Gonzalo Beceiro Bellas.


ARBITRO: Alejandro Landeira Teijo. Sen incidencias.Numancia de Ares. Prebenxamíns "B".


GOLES:


Numancia: Luís, Sergio, Alejandro, Papa Omar, Rubén e Leo.


Perlío: Jorge (3) e Xavier Dopico.


Partido no que os de Ares saíron máis enchufados ao terreo de xogo conseguindo tres goles nos primeiros cinco minutos. Luís, Sergio e Alejandro serían os seus autores. Acurtaba distancias Jorge para o Perlío, pero Papa Omar volvía poñer de novo terra de por medio. No tramo final do primeiro tempo Rubén marcaba un novo gol para os de Ares marchando ao descanso cun parcial de 5 - 1.


A pouco da reanudación, Leo poñía o 6 - 1. Malia o resultado adverso o Perlío non se veu abaixo e dous goles prácticamente consecutivos marcados por Xavier Dopico e Jorge achegaban os visitantes no marcador e os metía no partido. Os ánimos visitantes viñéronse arriba e o partido igualouse. A catro minutos do final Jorge apertaba aínda máis o marcador poñéndoo en 6 - 4. Pero o reloxo non deu para máis e con este resultado chegouse ao final do partido.


O próximo fin de semana o equipo prebenxamín “B” do Numancia desprazarase ata o campo de A Veiga para disputar a 8ª xornada de liga fronte o lider do grupo, á EF Cabanas.


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.