PREBENXAMINS “A”. EFR FERROL “B”, 5 – NUMANCIA “A”, 5.
FÚTBOL SALA EN CAMPO
Partido correspondente a 7ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 1, disputado nunha fría mañá de sábado nos campos de A Malata ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ferrol 17 de xaneiro de 2015.
FICHA TÉCNICA:
EFR. FERROL "B": Adrián, Raúl, Ramón (C), Miguel, Gonzalo, Leo, Iker e Nacho. Tamén xogaron: Matías, Iker, Jorge e Miguel.
Adestrador: José Luís Sequeiro Romalde.
Delegado: Yerai Garel Rioboo.
NUMANCIA: Marcos, Dani, Lucas, Iker, Hugo, Isma, Aketx (C) e David. Tamén xogou: Ángel.
Adestrador: Jore Martínez Varela.
Delegado: José Ramón Hermida Varela.
COLEXIADO: D. Juan Carlos Blanco García. Sen incidencias.
GOLES:
EFR. Ferrol "B": Gonzalo (4) e Iker.
Numancia: Aketx (2), Hugo, Ángel e Isma.
CRÓNICA:
Partido disputado nunha fría pero seca mañá de sábado entre dous equipos formados íntegramente por xogadores de último ano. Dous equipos con moito poderío físico que tiveron que sufrir as pequenas dimensións do campo de A Malata - 3 vindose obrigados a buscar xogo directo, sendo os lanzamentos de media distancia, balóns aéreos e rechaces os protagonistas deste partido de fútbol formativo.
Comezou forte o equipo local colocándose cun 2 - 0 no minuto 5. Reaccionaron rápido os numantinos dous goles consecutivos para establecer o 2 - 2 xa no minuto 10. No minuto 21 chegaría o 3 - 2 local, pero o Numancia conseguía facer o 3 - 3 xusto antes do descanso.
Na segunda metade mais do mesmo, 4 - 3 para o Racing "B" no minuto 26. Pronto empataba o Numancia no minuto 30 chegaba o 4 - 4 no minuto 30. Houbo dez minutos de tregua en canto a goles nos que o Numancia tivo varias ocasións claras de gol para levarse o partido. Pero..... chegaba o 5 - 4 no minuto 41 para os locais. Por sorte Isma rescataba un punto no minuto 45 establecendo o 5 - 5 final.
En resumo, partido tolo e con moitos goles propiciado polas especiais e diminutas dimensións do campo, non moito mais grande cunha pista de fútbol sala. Os numantinos tardaron en adaptarse pero por sorte rescataron un punto neste difícil desplazamento no que o desfibrilador de A Malata estivo a piques de ter que ser utilizado por algún dos sufridos espectadores.
Na vindeira fin de semana chega o primeiro derbi da temporada. Numancia e Galicia de Mugardos medirán as suas forzas en categoría prebenxamín. Festa do fútbol formativo e prebenxamín local a próxima fin de semana en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.