Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS "A". NUMANCIA "A", 2 - G. CARANZA, 2.
 
 

PREBENXAMINS "A". NUMANCIA "A", 2 - G. CARANZA, 2.

GRAN PARTIDO DE AMBOS EQUIPOS

Partido correspondiente a 3ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 1 disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares, 6 de decembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA "A": Marcos, Dani, Lucas, Aketx, Ángel (C), Isma, Hugo e Xerar. Tamén xogaron: Iker e David.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

G. CARANZA: Iván, David, Antón, Diego, Alex, Edgar (C), Joel e Dani. Tamén xogaron: Iker, Sergio Tajes, Sergio Fernández, Asier, Víctor e Cristian.

Adestrador: Rafael Miranda Veiga.

Delegado: Hugo Pierre Morales García.

COLEXIADO: D. Pablo Carballal Mora. Amonestou ao adestrador do Galicia de Caranza, Rafael Miranda.

GOLES:

0 - 1 (DIEGO) Xogada individual de Diego que finaliza en gol (minuto 1).

0 - 2 (EDGAR) Pase que recibe Edgar en posición adiantata para batir a Marcos (minuto 7).

1 - 2 (XERAR) Balón solto na área visitante que recolle Xerar para batir a Iván (minuto 20).

2 - 2 (HUGO) Pase de Ángel que recolle Hugo para facer o empate (minuto 21).

CRÓNICA:

Gran ambiente en Prados Vellos nunha mañá de sábado festivo para disfrutar cos rapaces prebenxamíns do Numancia e do Galicia de Caranza que non defraudaron ao respetable ao que agasallaron cun fermoso partido.

Comezou moito mellor o G. Caranza e nos primeiros 10 minutos de partido conseguoiu poñerse cun 0 - 2 no marcador. Os numantinos foron espertando do seu letargo e comezaron a chegar con moito perigo ante a portería visitante. Non houbo sorte ata que nos minutos 20 e 21, Xerar e Hugo conseguían a igualada establecendo o 2 - 2. Antes do descanso poido o Numancia marcar varios goles nun embotellamiento da portería rival pero non hobuo sorte e o resultado no intermedio era de 2 - 2.

Na reanudación vimos un partido moi disputado con algunha chegada dos visitantes a portería de Marcos sen excesivo perigo. O Numancia tivo claras ocasións de levarse o partido pero este sábado a sorte ou o acerto de cara a gol non estaba cos de Ares, polo que o resultado ao final do encontro foi de 2 - 2.

En definitiva, gran partido de Numancia "A" e Galicia de Caranza "A" de prebenxamíns onde os nenos e o fútbol foron os protagonistas. Bonito agasallo de Nadal para o respetable que presenciou e animou neste bonito encontro de prebenxamíns entre dous equipos que seguirán medrando, aprendendo e sobretodo disfrutando nesta esixente e bonita Liga forte de prebenxamíns.

Na vindeira fin de semana o Numancia "A" prebenxamin terá outro esixente e bonito partido visitando as instalacións de Sinde para medirse aos amigos e ben coñexidos da SD O Val de Narón. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.