PREBENXAMINS “B”. O VAL "B", 0 – NUMANCIA “B”, 6.

CONSOLIDÁNDOSE NO GRUPO

Partido correspondente á 3ª xornada da 2ª fase da liga local prebenjamin no seu grupo 2º, disputado na mañá do pasado sábado nas instalacións de Sinde entre O Val e Numancia B que finalizou coa vitoria dos aresans. Ao descanso o resultado era de 0 - 4.

 


O Val, 6 de decembro de 2014.

FICHA TECNICA:

O VAL "B": Sergio, Gustavo, Marcos, Roi, Gabriel, Iker, Oscar (C) e Ramón. Tamén xogaron Manuel, Lucas, Heitor e Fabio.

Adestrador: Javier Tome Martínez.

Delegado: Bruno Seijido Ramos.

NUMANCIA "B": Oscar (C), Cristian, Alex, Luís, Mateo García, Sergio, Papa Omar e Rubén. Tamén xogou Mateo Martínez.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ARBITRO: Álvaro González Grimaldos. Sen incidencias.

GOLES: Alex (2), Luis (2), Sergio e Cristian.

Partido no que os de Ares pronto conseguiron poñerse por diante no marcador grazas ao gol de Alex aos cinco minutos do comezo. Cinco minutos despois Sergio establecía o 0 - 2 para o conxunto aresano. Continuou o Numancia co control do partido durante todo o primeiro tempo, e sen apenas pasar apuros na súa área. No tramo final do primeiro tempo, dous novos goles, un de Luís e outro de Cristian, permitían aos numantinos irse ao descanso cun marcador de 0 - 4.

A segunda parte comezaba co Val máis metido no partido, levando nos primeiros instantes perigo á área visitante. Pero as ocasións locais foron ben resoltas por Oscar e o traballo defensivo do equipo aresano. A medida que transcorrían os minutos os de Ares conseguiron mover máis o balón e desembarazarse da presión local levando de novo o perigo á área valexa. Froito das ocasións xeradas polos de Ares, un novo gol de Alex e outro de Luís establecían o resultado final do Val 0 - Numancia "B" 6.

Este resultado asina a terceira vitoria consecutiva do prebenjamin "B", o que dalgún xeito confirma a boa liña, do traballo e a aprendizaxe semanal.

A próxima semana o equipo prebenjamin "B" do Numancia disfrutará de xornada de descanso.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 


Prebenxamísn: O Val "B" - Numancia "B". Sinde (06/12/2014)Prebenxamísn: O Val "B" - Numancia "B". Sinde (06/12/2014)

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.