Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “A”. R. DE NEDA, 0 – NUMANCIA, 4.
 
 

PREBENXAMINS “A”. R. DE NEDA, 0 – NUMANCIA, 4.

OS GOLES VENCERON Ó FRIO

Partido correspondente a 2ª xornada da Liga prebenxamín grupo 1, disputado na noite do venres no campo Municipal Juanito González de Neda ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


Neda 28 de novembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

RÁPIDO DE NEDA: David, Yoel (C), David, Diego, Alexandre, Antón, Mateo e Rodrigo. Tamén xogaron: Brais e Roi.

Adestrador: Alberto Fornos Perille.

Delegado: Fernando Pita Amor.

NUMANCIA: Marcos (C), Dani, Lucas, Iker, Hugo, Ángel, Aketx e Xerar. Tamén xogaron: David e Isma.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

ARBITRO: Roberto Landrove Sande. Sen Incidencias.

GOLES:

0 - 1 (AKETX) Gran disparo cruzado de Aketx dende o vértice da área (min. 31).

0 - 2 (ISMA) Balón que recolle Isma na frontal da área para batir de forte disparo ó meta local (minuto 37).

0 - 3 (HUGO) Gol olímpico de Hugo (minuto 39).

0 - 4 (HUGO) Bonita xogada colectiva finalizada por Hugo (minuto 45).

CRÓNICA:Numancia de Ares. Prebenxamíns "A".

Visitaba o Numancia prebenxamín “A” na segunda xornada da Liga dura da categoría ao Rápido de Neda, campión do grupo 2 da fase previa. Foi un partido marcado polo frío no que os nenos numantinos superaron todas as dificultades e conseguiron a vitoria de forma moi meritoria.

Na primeira metade tardou o Numancia en entrar no partido. Co paso dos minutos o dominio aresán foise incrementando contando os numantinos con ocasións de gol que non terían premio. Co 0 - 0 inicial chegabamos ao descanso.

Na segunda parte os numantinos seguiron movendo o duro balón con paciencia en busca de novas oportunidades. Chegaban as ocasións pero o porteiro local David estaban inmenso. Por sorte no 31´ Aketx abría a lata e conseguía o 0 - 1. Ese gol deixaba tocado aos nedenses e no 37´, Isma anotaba o 0 - 2. Nos últimos minutos o Numancia tivo que defender o resultado sentenciando Hugo o partido no 39´ e no 45´ con dous goles que certificaban a vitoria numantina.

En definitiva, partido serio e moi solvente do Numancia prebenxamín en Neda. Novo partido para seguir aprendendo e progresando nesta esixente liga do grupo 1 de prebenxamíns.

O vindeiro fin de semana o subcampión do grupo 3 da previa, o Numancia, recibe en Prados Vellos ao campión do citado grupo, o Galicia de Caranza. Sen dúbida un partido bonito onde os numantinos buscarán desquitarse da vitoria sufrida en Caranza e o mais importante aprender e disfrutar nun novo partido de esixencia moi alta. ¡¡¡Non faltedes'''

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.