Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS "B". O FREIXO, 2 - NUMANCIA "B", 4.
 
 

PREBENXAMINS "B". O FREIXO, 2 - NUMANCIA "B", 4.

BO COMEZO

Vitoria por dous a catro a domicilio do equipo prebenxamín “B” do Numancia de Ares fronte O Freixo de Narón na 1ª xornada da segunda fase da liga. O encontro disputado en Río Seco na tarde do venres chegou ó descanso con vantaxe visitante de cero a dous.

 


Narón 21 de novembro de 2014

FICHA TÉCNICA:

O FREIXO: Rubén, Eloy, Adrián, Rafael, Hugo, Diego, Miguel e Derek (C).

Adestrador: Marcos Grandal Abeal.

Delegado: Rafael Pazos Louro.

NUMANCIA: Oscar, Mateo Martínez, Leo, Cristián, Alejandro, Luís, Mateo García e Sergio (C). Tamén xogou Papa Omar.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ARBITRO: Manuel Jesús Bejarano Estepa. Sen incidencias.

GOLES:

O Freixo: Derek (pp), e Rafael.

Numancia: Alejandro (3) e Luís (pp).Numancia de Ares Prebenxamíns "B".

Este pasado fin de semana arrancaba a primeira xornada da segunda fase na liga local prebenxamin no seu grupo 2. Aos prebenxamíns "B" do Numancia tocáballes desprazarse ata Narón para disputar o seu partido fronte á S.D.C e R. O Freixo nas instalacións de Río Seco. Sen dúbida unhas instalacións que se lle fixerón enormes aos rapaces, pero sen dúbida un luxo que a bo seguro disfrutaron.

O partido entre O Freixo e o Numancia foi moi igualado, con poucas ocasións de gol, pero das que os numantinos souberon sacar mellor proveito.

Comezaban adiantándose os de Ares despois dun gol de Derek en propia meta cando corría o minuto sete. Mediada a primeira parte Alejandro marcaba o segundo para os de Ares. Co resultado de 0 - 2 chegábase ao descanso.

Aos dez minutos da reanudación, Rafael acurtaba distancias poñendo o 1 - 2. Pouco despois un gol en propia porta de Luís poñía as táboas no marcador. No tramo final do partido Alejandro marcaba dous novos goles para os de Ares, o que deixaba o resultado final de 2 - 4. Noraboa rapaces, esta é a liña a seguir.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.