Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS "A". NUMANCIA "A", 1 - EFR FERROL, 7.
 
 

PREBENXAMINS "A". NUMANCIA "A", 1 - EFR FERROL, 7.

O IMPORTANTE É TER SAUDE

Partido correspondente a primeira xornada da primeira Liga prebenxamín disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


Ares 21 de novembro de 2014

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Marcos, Dani, Lucas, Aketx, Ángel, Isma (C), Xerar e Hugo. Tamén xogaron: Iker e David.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

EFR. FERROL: Jesús, Javi, Diego, Hugo, David (C), Marcos, Martín e Yago. Tamén xogou Enrique.

Delegado: Ibán Balaguer Álvarez.

COLEXIADO: D. Jose Priegue Leis. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Hugo.

EFR. Ferrol: Martín (3), David, Marcos, Hugo e Yago.

CRÓNICA:

Chegaba o primeiro partido da liga principal de prebenxamíns para o Numancia "A" que xogará ata o mes de maio no grupo dos mellores 11 equipos de Ferrolterra. O primeiro rival era o campión do grupo A da previa, o poderoso Racing de Ferrol ao que o Numancia fixo frente despois dunha semana compricada onde un virus estomacal afectou en menor ou maior medida a 7 dos 10 xogadores do Numancia que participaron no partido.

Comezou forte o Numancia este partido con chegadas á portería visitante. Pero os racinguistas fixéronse donos do partido anotando 5 goles na última fase da primeira metade. Os numantinos descolocados e xa algo desfondados non foron capaces de igualar o poderío físico dos ferroláns nesta primeira metade.

Na segunda parte o Numancia non baixou os brazos e pese as circunstancias físicas deu a cara e mantivo o tipo ata o final do partido. Os racinguistas tiraron de calidade anotando dous novos goles. O gol da honra dos numantinos chegaba nos últimos minutos, un auténtico golazo de falta directa obra de Hugo.

En resumo, partido onde o Numancia non poido competir en plenitude de condicións ante un equipazo como é o EFR. Ferrol, sen dúbida un dos grandes favoritos para facerse co título absoluto da categoría.

Quedan 19 partidos ante rivais esixentes para seguir aprendendo, progresando e vivindo experiencias nesta curta pero intensa vida deportiva dos nenos. A vindeira cita será o próximo fin de semana en Neda ante o equipo local. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.


 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.