Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 7 – ANIMAS “B”, 1.
 
 

PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 7 – ANIMAS “B”, 1.

NOTABLE FIN DE FASE

Partido correspondente a última xornada da Fase Previa prebenxamín grupo 3 disputado na tarde do venres no campo de Prados Vellos que rematou con victoria local. Ao descanso o resultado era de 3 – 0.
 

Ares 14 de novembro de 2014

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA "B": Oscar, Mateo Martínez, Roi, Leo, Cristián (C), Sergio, Papa Omar e Rubé. Tamén xogaron Alejandro, Luís e Mateo García.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ANIMAS “B”: Joel (C), Xavier, David, Assier, Marcos, Iker, Brais e Sergio. Tamén xogaron Joao, Xalo, Adrián, Bruno e Rober.

Adestrador: Sergio Rodríguez Bouza.

Delegado: David Velamazan Baena.

COLEXIADO: D. Francisco García Rodríguez. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia "B": Luís (3), Alejandro (2), Sergio e Cristian.

Animas “B”: David.

CRÓNICA:

Último partido da Fase Previa para os prebenxamíns "B" no campo de Prados Vellos que solventaron con certa facilitade fronte o Animas “B”.

Aos cinco minutos da primeira parte adiantábanse os de Ares por medio de Sergio ao que lle chegaba un balón pelexado por Roi na área. Mediada a primeira metade un balón roubado e conducido pola banda por Roi, asiste a Luís e éste marca dende a frontal para poner o 2 - 0. A cinco minutos do final do primeiro período Alejandro batía de disparo cruzado ao meta ferrolano para establecer o 3 - 0 con que se chegaba ao descanso.

Despois da reanudación volvían ser os de Ares os que tomaban de novo a iniciativa do xogo, e aos oito minutos Cristián se aproveitaba dun erro na zaga visitante para poñer o 4 - 0. Acurtaría distancias o Animas nunha xogada individual de David quen se plantaba só ante Oscar para poñer o 4 - 1. Dispoñerían de dúas ocasións máis os ferrolanos para recortar o resultado, pero afortunadamente para os intereses locais os dianteiros non estiveron acertados.

Pasados eses minutos de dominio visitante, os de Ares volverían coller o control do partido. Luís de libre directo poñía e 5 - 1 e posteriormente de disparo dende a frontal o 6 - 1. A dous minutos do final Alejandro de disparo dende fóra da área establecía o definitivo 7 - 1.

Con esta vitoria o Numancia "B" prebenxamín remata a Primeira Fase nun máis que meritorio quinto posto, o cal ten moito mérito tendo en conta que a metade dos rapaces son de primeiro ano. Con esta clasificación o prebenxamín “B” queda encadrado no grupo 2 para xogar a fase da liga.

A liga do grupo 2 prebenxamín comeza xa a próxima fin de semana e nos vindeiros días a Delegación ferrolá da Federación Galega de Fútbol facilitará o calendario, o cal una vez dispoñamos del publicarémolo na web.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.




 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.