Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS "B": BARALLOBRE, 0 - NUMANCIA “B”, 8.
 
 

PREBENXAMINS "B": BARALLOBRE, 0 - NUMANCIA “B”, 8.

NA BOA LÍNEA

Partido correspondiente a penúltima xornada da Fase Previa Prebenxamín grupo 3, disputado na mañá do sábado no campo de O Ramo ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Barallobre 8 de novembro de 2014

FICHA TÉCNICA:

SD BARALLOBRE: Martín, Diego, Iago, Adrián, Marco, Xian (C), María e Hugo. Tamén xogaron: Jesús, Naiara, Marcos e Nuria.

Delegado: Víctor López Iglesias.

NUMANCIA "B": Óscar, Mateo Martínez, Leo, Cristian, Sergio, Rubén, Mateo García (C) e Alejandro. Tamén xogaron: Luís e Papa Omar

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

COLEXIADO: D. Juan Alberto Piñón López. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Mateo García (2), Alejandro (2), Leo, Cristian, Luís e Sergio.

CRÓNICA:

Na penúltima xornada da previa o equipo "B" prebenxamín visitaba por primeira vez na temporada un campo de herba natural. O encharcado campo de O Ramo servía para que os nenos do Barallobre e do Numancia xogaran un partido diferente.

Na primeira parte o Numancia non poido traducir o seu dominio en goles, xa que o bo traballo defensivo dos feneses impediuno. O resultado ao descanso era de 0 - 0.

Na segunda metade os numantinos abriron a lata e co paso dos minutos foron chegando os goles como premio o bo xogo dos nosos nenos numantinos, chegando ao final do encontro cun 0 - 8 favorable ao Numancia.

O próximo sábado e antes de comezar a Liga no grupo 2, o prebenxamín "B" do Numancia despedirá a fase previa recibindo en Prados Vellos ao Ánimas "B" de Ferrol. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

  



Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.