PREBENXAMINS "A". G. CARANZA "C", 0 - NUMANCIA "A", 13.
POR RUTINARIO, PARECE FÁCIL
Partido correspondiente a antepenúltima xornada da Fase Previa Prebenxamín grupo 3, disputado na mañá do sábado no campo Municipal Javier Gómez Noya de Caranza ante numerosos espectadores de ambos equipos:
Ferrol 01 de novembro de 2014
FICHA TÉCNICA:
G. CARANZA "C": Adrián, Rubén, Antón, Pablo (C), Theo, Iker, Teo e Rubén. Tamén xogaron: Hugo, Adri, Iván e Xairo.
Delegado: Francisco Insua Beade.
NUMANCIA: Iker, Lucas Varela (C), Lucas Bardanca, Aketx, Dani, Isma, Hugo e Marcos. Tamén xogou: Xerar.
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: José Ramón Hermida Varela.
COLEXIADO: D. Juan Alberto Piñón López. Sen incidencias.
GOLES:
Numancia: Isma (5), Hugo (2), Xerar (2), Marcos (2), Dani e Lucas.
CRÓNICA:
Nunha fermosa mañá dun sábado festivo visitaba o Numancia "A" prebenxamín con duas baixas, o porteiro Marcos de xogador de campo e co xogador biberón Lucas Varela como capitán as instalacións de Caranza para xogar ante un dos catro equipos locais; o G. Caranza "C," un equipo de primeiro ano prebenxamín.
Na primeira metade o Numancia fixo moi bo fútbol pero os locais resistiron bastante ben, sendo o resultado ao descanso de 0 - 5 favorable aos de Ares.
No segundo tempo rápidamente os numantinos aumentaban de maneira considerable o marcador, ofrecendo no último tramo de partido fermosas xogadas e mais goles ata deixar o resultado final nun 0 - 13 favorable ao Numancia.
En definitiva, un novo partido onde todos sumaron e onde destacou a presencia do biberon Lucas Varela que xogou 35 minutos a bo nivel co equipo do prebenxamín "A". Hai canteira e nenos de sobra.
A próxima fin de semana o Numancia recibirá na penúltima xornada da fase previa a outro dos equipos xa clasificados para o grupo 1 da Liga, o AD Miño. Sen dúbida un bonito e interesante partido para ambos equipos de cara a quentar motores para a esixente competición de Liga. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.