PREBENXAMIN "B": NUMANCIA, 2 - G. CARANZA, 3.

CASE SOA A FRAUTA

Partido correspondente á 9ª xornada da fase previa categoría prebenxamín, grupo 3º, disputado na maña do sábado en Prados Vellos e que rematou con vitoria do equipo visitante. Ao descanso o resultado era de 1 – 2 favorable a os de Caranza.

 

Ares 1 de novembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Oscar, Leo, Cristián, Alejandro, Luís (C), Mateo García, Sergio e Rubén. Tamén xogaron Mateo Martínez, Roi, Brais e Papa Omar.

Adestrador: Borja Vilasanchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

G. DE CARANZA: Aarón (C), David, Iker, Alejandro, Edgar, Sergio, Asier e Christián. Tamén xogaron Samuel e Joel.

Delegado: Hugo Morales García.

COLEXIADO: D. Adrián González Franco. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1: EDGAR (min. 5), contragolpe conducido por Edgar que dispara raso dende o bordo da área e bate por abaixo a Oscar.

1 - 1: ALEJANDRO (min. 10), presión do Numancia que permite o roubo de balón de Alejandro para marcar de disparo axustado ao pau.

1 - 2: EDGAR (min. 11), contragolpe pola esquerda conducido por Joel, este dispara a porta e rexeita Oscar, o balón rebotado aprovéitao Edgar para marcar de costas á portaría.

2 - 2: ALEJANDRO (min. 35), saque de esquina que chega a Alejandro no punto de penalti e remata ao fondo da rede.

2 - 3: EDGAR (min. 47), disparo de Edgar que sae rebotado cara á portaría, Oscar non é capaz de atallar o balón, e o propio Edgar adiántase ao porteiro local, mete en pé e marca.

Na mañá do sábado recibían os Prebenxamíns "B" do Numancia a o Galicia de Caranza, colíder do grupo 3º, xunto coa SD O Val.

Primeiro período que comezaba cos numantinos máis metidos no partido que os de Caranza. Os de Ares premían o rival en todo o campo o que lle propiciaba importantes roubos de balón pero que non aproveitaron. Nunha xogada de contragolpe conducida por Edgar chegaba o primeiro gol visitante. Continuaron os de Ares coa súa presión e nun roubo de balón na frontal empataban por medio de Alejandro. Pouco duraría a alegría local porque na xogada seguinte, novo contragolpe visitante con disparo de Joel que rexeita o porteiro aresano, pero do que se aproveita Edgar para volver poñer por diante os ferrolanos. Co resultado de 1 - 2 chegamos ao descanso.

Comezaba o segundo tempo e eran os de Caranza os que tomaban a iniciativa do xogo movendo ben a pelota e entrelazando bonitas xogadas combinativas coas que encerraron durante dez longos minutos os de Ares no seu campo. Na primeira aproximación dos de Ares ao campo rival logran sacar un córner do que chegaría o segundo gol de Alejandro e o empate dos de Ares. Ata o final o partido xa estaría moito máis aberto e os dous equipos dispoñerían de boas oportunidades para levarse os tres puntos. Finalmente serían os de Ferrol nun balón rebotado do que se aproveita Edgar adiantándose a Oscar para dar os tres puntos ao Caranza.

En resumo moi bo partido dos pupilos de Borja e Ángel que nalgunhas fases do encontro tiveron entre as cordas ao colíder do grupo, e mesmo tiveron as súas oportunidades para levarse tamén os tres puntos.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

  



Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.