PREBENXAMÍNS "B". O VAL, 12 - NUMANCIA "B", 2.
BOA IMAXE ANTE UN DOS XIGANTES
Partido correspondiente a 8ª xornada da fase previa da Liga Prebenxamín grupo 3, disputado na mañá do sábado no campo de O Sinde en O Val ante numerosos espectaodores de ambos equipos.
O Val 25 de outubro de 2014.
FICHA TÉCNICA:
SD O VAL: Borja, Adrián, Álvaro, Cristian, Javi, Iago (C), Alex e Adrián. Tamén xogaron: Carlos, Alexandre, Iago e Antón.
Adestrador: César Fraga Estévez.
Delegado: Francisco Casal Mayobre.
SDR NUMANCIA "B": Óscar, Mateo García, Leo, Cristian, Alex, Luís (C), Sergio e Papa Omar. Tamén xogaron: Mateo Martínez e Rubén.
Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.
Delegado: Ángel Blanco Cartelle.
GOLES:
SD O Val: Álvaro (4), Iago (3), Cristian (2), Antón, Borja e Alex.
Numancia "B": Alex e Borja (propia porta).
CRÓNICA:
Madrugaban os rapaces valexos e numantinos na mañá do sábado para xogar un partido que medía a un dos equipos da cabeza como é a SD O Val cun Numancia "B" situado na zona media da clasificación.
Na primeira metade os numantinos contrarrestaron a calidade e superioridade dos locais e mesmo foron capaces de conseguir dous goles, sendo o resultado ao descanso de 6 - 2.
Na segunda metade o cansancio fixo mella nos nosos xogadores algo que aproveitou o equipo naronés para impoñer o seu poderío físico e pegada deixando o marcador en 12 - 2 nun partido en que os nosos nenos non deixaron de loitar ata o pitido final.
Na vindeira fin de semana o Numancia "B" recibirá en Prados Vellos a outro dos equipos potentes da categoría, o Galicia de Caranza na antepenúltima xornada da fase previa. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
A continuación podedes disfrutar dunha galería fotografica do partido xentileza de Rafa Feal.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.