PREBENXAMINS "B": NUMANCIA “B”, 2 – PERLIO, 2.

EMPATE XUSTO PARA UN PARTIDO IGUALADO.

Partido correspondente á 7ª xornada da fase previa da liga prebenxamín, grupo 3º, disputado na maña do sábado en Prados Vellos, e que rematou con empate. Ao descaso o resultado era de 1 - 0.

 


Ares, 18 de outubro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Oscar, Cristián, Alejandro (C), Luís, Mateo Martínez, Sergio, Papa Omar e Rubén. Tamén xogaron Mateo García e Roi

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

PERLIO: Xabier Fernández (C), Xabier Dopico, Nerea, Lucas, Pedro, Aitana, Hugo Camba e Izán. Tamén xogaron: Jorge, Hosam, Hugo López, Martín e Álvaro.

Delegado: Gonzalo Beceiro Bellas.

ARBITRO: D. Iván García Rey. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: LUIS (min. 25), gol de libre directo de Luís.

1 - 1: IZAN (min. 27), disparo cruzado de Izan dende o pico da área que supera a Oscar por alto.

1 - 2: IZAN (min. 39), de disparo cruzado dende o vértice da área.

2 - 2: ALEJANDRO (min. 42), contragolpe conducido por Luís que pon o balón en longo para Alejandro quen marca nun man a man co porteiro.

Partido de centrocampismo con escasas chegadas ás portarías, ningún dos dous equipos foi quen de impoñer o seu xogo. Apenas un par de ocasións para cada equipo. As máis claras; para os de Ares, un disparo de Sergio que Xabier Dopico quitaba na liña de gol. Para o Perlio un disparo de Jorge que detiña Óscar. Sobre o asubío final do primeiro período, Luís de libre directo marcaba para os de Ares o 1 - 0 co que chagabamos ao descaso.

Aos tres minutos da reanudación Izán empataba o partido cun disparo dende o pico da área. O gol levantou o ánimo dos visitantes que comezaron a ter máis a posesión do balón, pero as ocasións brillaban pola súa ausencia en ambas as dúas portarías. No minuto trinta e nove, marcaba de novo Izán para adiantar o Perlio. Pouco despois nun arranque de rabia Luís montaba un contraataque para os de Ares e servía o balón en bandexa para que Alejandro establecese o definitivo 2 - 2.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 



 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.