Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS "B". EUME, 2 - NUMANCIA "B", 4.
 
 

PREBENXAMÍNS "B". EUME, 2 - NUMANCIA "B", 4.

BOAS VIBRACIÓNS

Partido correspondiente a 5ª xornada da Fase Previa da Liga Prebenxamín grupo 3, disputado na tarde do venres no campo de A Gándara de Pontedeume ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Gándara Eumesa (Pontedeume), 3 de outubro de 2014.

FICHA TECNICA

EUME DEPORTIVO: Abel, Dani, Sofía (C), Aitor, Iván, Mario, Miguel e Ottavio. Tamén xogaron: Óscar, Joaquín, Nacho, Javi, Lucas e Iago

Delegado: Emilio Piñeiro González.

NUMANCIA "B": Óscar, Mateo García, Leo, Rubén, Papa Omar (C), Luís, Sergio e Alex. Tamén xogaron: Mateo Martínez, Brais e Cristian.

Adestrador: Borja Vilasánchez Martínez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

COLEXIADO: D. Álvaro Pita Fernández Sen incidencias.

GOLES:

Eume: Ottavio (2).

Numancia "B": Alex (2), propia porta e Papa Omar.

CRÓNICA:

Bonito partido o que ofreceron Eume e Numancia "B" ao numeroso público que se achegaron a Pontedeume nunha agradable tarde de outono.

Na primeira metade foi superior o Numancia que anotaba o 0 - 1 por medio de Alex no minuto 6. No minuto 16 sería Luís o que establecía o 0 - 2. Tiveron Sergio e Luís ocasións para ampliar a vantaxe, pero o resultado o descanso sería de 0 - 2 favorable aos numantinos.

Na reanudación chegaba o 0 - 3 para o Numancia no minuto 19. Pero rápidamente reaccionaban os locais e Ottavio nos minutos 49 e 41 anotaba dous goles consecutivos que establecían un axustado 2 - 3 no marcador. Recuperaron o pulso os de Ares e Papa Omar no minuto 48 sentenciaba o partido co definitivo 2 - 4 favorable ao Numancia "B".

En definitiva, serio e bo partido dos numantinos ante un equipo dun nivel bastante parello. Continua a línea ascendente deste grupo de rapaces que se colocan na zona media da clasificación.

Na vindeira fin de semana, o equipo prebenxamín "B" do Numancia disfrutará dunha merecida xornada de descanso.

A continuación podedes disfrutar dunha galería fotográfica do partido xentileza de Rafa Feal e Jorge Martínez.

 

PICA AQUI para ver os resultados da xornada e a clasificación.

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.