Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS "A". G. DE CARANZA, 3 - NUMANCIA "A", 1.
 
 

PREBENXAMÍNS "A". G. DE CARANZA, 3 - NUMANCIA "A", 1.

BAIXANDO DA NUBE

Partido correspondiente a 4ª xornada da Fase Previa da Liga Prebenxamín grupo 3 disputado na tarde do venres no campo Municipal Javier Gómez Noya de Caranza ante numeroso público.

 


Ferrol 26 de setembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

GALICIA DE CARANZA: Iván, David, Antón, Iker, Diego, Sergio, Alex y Samu. Tamén xogaron: Joel, Sergio Fernández, Dani, Víctor e Aaron.

Delegado: Rafael Miranda Veiga.

NUMANCIA: Marcos, Dani (C), Lucas, Aketx, Ángel, Isma, Xerar e Hugo. Tamén xogaron: David e Iker.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Iván García Rey. Sen incidencias.

GOLES:

G. Caranza: Diego (2) e Samu.

Numancia: Hugo.

CRÓNICA:Prebenxamíns G. Caranza - Numancia "A" (26/09/2014)

Medíanse en Caranza dous equipos de último ano situados nos primeiros postos do grupo. Agardabamos un bonito partido de prebenxamíns que non defraudou.

Na primeira metade dominio dos locais aínda que nun contraataque Hugo adiantaba ao Numancia no minuto 10. Foi un espellismo xa que o G. Caranza foi mellor na primeira parte conseguindo un resultado de 2 - 1 ao descanso grazas a dous goles de Diego.

Na reanudación saiu moi ben o Numancia que na primeira fase da segunda parte atacou e creou ocasións na portería local. Incluso Lucas non atinaba no lanzamento dun penalti que paraba o gardarredes ferrolán. Cando mellor estaban os numantinos chegaba o 3 - 1 do Galicia por mediación de Samu no minuto 39 nunha xogada illada. Nos últimos minutos tivo algunha ocasión o Numancia para rozar o empate pero o bo traballo defensivo dos ferrolás impediuno.

En definitiva, non foi un bo partido dos numantinos que estiveron expesos, demasiado pendentes do de fóra, desconcentrados e algo despistados. Todo esto ante un dos mellores equipos da categoría como a selección do Galicia de Caranza "A" págase en forma de derrota. Unha derrota que de seguro virá ben a toda a familia do Numancia "A" prebenxamín para centrarse en seguir traballando no moito que hai que mellorar para poder competir mais adiante cos mellores equipos da categoría. ¡¡¡Iso sí¡¡ Ante todo que estos nenos de ¡¡¡7 anos¡¡¡ disfruten e xoguen cada fin de semana sin ningún tipo de presión nin nerviosismo añadido. Porque queren xogar coas 10 normas.... famosas.

O vindeiro partido do Numancia "A" prebenxamín será o próximo fin de semana en Prados Vellos ante a SD Barallobre.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

PICA AQUI para ver os resultados da xornada e a clasificación.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.