Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. NUMANCIA "A", 6 - O VAL, 2.
 
 

PREBENXAMÍNS. NUMANCIA "A", 6 - O VAL, 2.

DERRIBADA A PRIMEIRA PEDRA

Partido correspondiente a 3ª xornada da Fase Previa da Liga Prebenxamín grupo 3, disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.
 


Ares 19 de setembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Marcos, Dani, Lucas, Aketx, Ánge, Isma, Xerar e Hugo (C). Tamén xogaron: Iker e David.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

SD O VAL: Carlos, Felices, Álvaro, Cristian, Javi, Alex e Adrián. Tamén xogaron: Alexandre, Lucas, Borja e Iago.

Adestrador: César Fraga Estévez.

Delegado: Francisco Casal Mayobre.

COLEXIADO: D. Francisco García Rodríguez. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Hugo (3), Isma (2) e Aketx.

SD O Val: Iago e Lucas.
 

 



CRÓNICA:

Numancia e SD O Val reeditaban a final do Torneo de O Val do día 30 de agosto. Ese día os valexos conquistaran o seu trofeo pero no día de hoxe en Prados Vellos a historia foi bastante diferente.

Nos primeiros minutos moito respeto entre dous equipos que se coñecen moi ben. Dous conxuntos de segundo ano que levan anos xogando xuntos. Co paso dos minutos foron chegando as aproximacións dos visitantes ben solventadas polos defensores e por Marcos e duas claras ocasións de Xerar que erraba diante do porteiro. No minuto 12 chegaba un gran gol de Aketx cun forte disparo dende fora da área que establecía o 1 - 0. Os valexos buscaron o empate pero Hugo no minuto 18 anotaba o 2 - 0 que reinaba ao descanso.

Na reanudación quería apretar O Val pero os numantinos non estaban pola labor de regalar ó partido. Hugo por dúas veces e Isma anotaban 3 goles consecutivos que establecían o 5 - 0 no minuto 32. Co partido bastante resolto chegaban mais goles. O 5 - 1 de Iago para os valexos, o 6 - 1 de Isma para o Numancia e o definitivo 6 - 2 obra de Lucas para os de O Val.

En resumo gran partido da categoría prebenxamín. Ambos equipos desafiaron a choiva e ao seu rival loitando de poder a poder. Os numantinos neste partido estivieron a un notable nivel o que lles valeu para derrotar con claridade a un dos mellores equipos da categoría. Este é o camiño. De seguro que nos atoparemos cos amigos da SD O Val durante a temporada noutros envites e nós encantados porque sempre é un luxo xogar con eles.

A próxima semana o Numancia terá outro rival moi compricado, o Galicia de Caranza unha selección de xogadores de último ano. Outra boa pedra de toque para seguir aprendendo e disfrutando. ¡¡¡Vémonos en Caranza o próximo fin de semana¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.