Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS: PERLIO, 1 – NUMANCIA “A”, 10.
 
 

PREBENXAMÍNS: PERLIO, 1 – NUMANCIA “A”, 10.

CUMPRINDO CO GUIÓN PREVISTO

Partido correspondiente a 2ª xornada da Fase Previa da Liga Prebenxamín grupo 3, disputado no campo de Os Pinares de Fene ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Perlio 17 de setembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

PERLÍO: Pedro, Xabi, Hugo, Lucas, Aitana, Jorge, Xabier e Camba. Tamén xogaron: Hosam e Nerea.

Delegado: Gonzalo Beceiro.

NUMANCIA: Marcos (C), David, Lucas, Iker, Ángel, Xerar, Aketx e Hugo. Tamén xogaron: Isma e Dani.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. David Sierra Pereira. Sen incidencias.

GOLES:

Perlío: Jorge.

Numancia: Hugo (4), Isma (2), Aketx, Xerar, Lucas e Ángel.Saida o cespede dos prebenxamins do Perlio e Numancia "A" (17/09/2014)

 

Segundo partido da Fase Previa para o Numancia "A" de prebenxamin. Logo do inicio ante os compañeiros do Numancia "B" o pasado fin de semana, tocaba este mércores partido entre semana en Perlío.

Na primeira metade superioridade do Numancia que tivo bastantes ocasións de gol. Adiantábase os numantinos cun 0 - 2 pero os de Fene recurtaban distancias antes do descanso sendo ó resultado no intermedio de 1 - 2.

Na segunda metade os de Ares sairon decididos a pechar o partido e os goles foron sucedéndose un tras outro, nunha segunda parte na que o Numancia combinou momentos de bo xogo con outros de mais atrancos aproveitandose da sua superioridade física ante o equipo local.

En definitiva, novo partido para este grupo de 10 rapaces de último ano prebenxamín que deberán xogar a bo nivel durante toda a temporada para seguir a sua progresión deportiva e para competir ante equipos de nivel alto. Terán a ocasión de facelo nas duas próximas xornadas ante equipos tamén de último ano como a SD O Val e o Galicia de Caranza.

Chegan polo tanto partidos bonitos e vibrantes para o Numancia prebenxamín. O primeiro deles terá lugar este venres as 18:00 ante os amigos da SD O Val e por suposto que TI non debes faltar en Prados Vellos. ¡¡¡Vémonos o venres¡¡¡.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.