PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 9 - NUMANCIA "B", 0.

COMEZO DUNHA NOVA AVENTURA

Partido correspondiente a 1ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 3, disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos aficionados de ambos equipos.

 



Ares, 12 de setembro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Marcos, David, Lucas (C), Iker, Dani, Isma, Xerar e Hugo. Tamén xogaron: Aketx e Ángel.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

NUMANCIA "B": Óscar, Leo (C), Sergio, Alejandro, Cristian, Luís, Mateo García e Papa Omar. Tamén xogaron: Roi, Brais, Mateo Martínez e Mario.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

COLEXIADO: Christian Pérez Tejerina. Sen incidencias.

GOLES: Hugo (3), Isma (2), Ángel, Aketx, David e Iker.

CRÓNICA:

Debutaban os dous equipos de categoría prebenxamín na competición de Liga. Préto de 25 nenos prebenxamíns daban inicio a competición de Liga divididos en dous equipos, Numancia e Numancia "B". A sorte do sorteo deparuou que ambos equipos numantinos estiveran no grupo 3 e se tiveran que medir entre eles na primeira xornada.

Do partido do venres pouco que contar. Superioridade clara do Numancia ante o Numancia "B" debido a maior madurez e poderío físico dos primeiros. Pese a iso, o equipo do Numancia "B" amosou da mesma maneira que no Torneo de Ares que será un equipo correoso e perigoso na categoría prebenxamín. ¡¡¡Coidado con estos campións¡¡¡

A Liga comeza forte con 3 xornadas nunha mesma semana. Por sorte todos os nenos poderan participar moitos minutos en todos os partidos da temporada. O disfrute de minutos conleva melloría e diversión nos nenos; obxetivos claves na formación dos rapaces numantinos. Polo tanto, ¡¡¡ a xogar, desfrutar e aprender tod@s¡¡¡

Os próximos compromisos de ambos equipos correspondentes a segunda xornada de Liga serán os seguintes:

Numancia "B" - E.F.R. Ferrol "D" o martes as 17:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Acudide para apoialos¡¡¡

Perlío - Numancia o mércores as 17:00 no campo de Os Pinares de Fene.

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.