Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. V TORNEO DE VERÁN S.D. O VAL.
 
 

PREBENXAMÍNS. V TORNEO DE VERÁN S.D. O VAL.

SUBCAMPIÓNS NO TORNEO DOS AMIGOS VALEXOS

O pasado sábado 30 de agosto o Numancia prebenxamín acudía ao V Torneo de Fútbol Base da SD O Val. Nun día soleado e caluroso o Numancia xogou os seguintes partidos cos seguintes protagonistas:

 



O Val, 30 de agosto de 2014.

NUMANCIA: Marcos, Dani, David, Lucas, Iker, Isma, Ángel, Xerar, Aketx, Hugo e Sergio.Equipo prebenxamín no Torneo de Verán da S.D. O Val (20/08/2014)

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

FASE DE GRUPOS - 1 TEMPO DE 20 MINUTOS

11:15 Numancia 3 – Cedeira SD 1.

Bo partido dos numantinos ante un equipo físico e traballador como o Cedeira. O dominio do Numancia durante todo o partido traduciuse no marcador positivo ao final do mesmo.

15:25 Numancia 8 – SD O Val "B" 0.

Partido sen historia na que a superioridade do Numancia foi excesiva e tamén por momentos evitable e innecesaria.

SEMIFINAL - 2 tempos de 15 minutos

18:00 Numancia 2 – Racing San Pedro 0.

Os numantinos atopáronse cun duro e correoso Racing San Pedro. Por sorte co paso dos minutos o xogo do Numancia impúxose e os de Ares conseguiron o pase a final do Torneo.

FINAL DO TORNEO - 2 tempos de 20 minutos.

SD O Val 5 – Numancia 3.

Precioso, entretido e emocionante partido o que disputaron dous equipos que se coñecen moi ben desde hai varios anos. Comezou marcando o Numancia pero os de O Val empataron o partido antes do descanso. Na segunda metade volvía a adiantarse os numantinos pero os valexos conseguiron poñerse cun 4 - 2. Aparecía o orgullo numantino nos últimos minutos e os de Ares facían o 4 - 3 a falta de dous minutos para ó final levando a máxima emoción as bancadas. Pero pouco antes do pitido final e cos numantinos volcados en busca do empate os valexos consegúian o definitivo 5 - 3 para proclamarse campións do Torneo.

En definitiva, gran traballo deste grupo de xogadores prebenxamíns a golpe de Agosto.... Agradecer a SD O Val polo trato inmellorable a expedición numantina e felicitalos polaPrebenxamíns, campións e subcampións do Torneo de Verán da S.D. O Val. excelente organización do Torneo. Como mostra da boa sintonía a fotografía conxunta dos dous equipos prebenxamíns despois de recoller os respectivos trofeos de campións e subcampións entregados polo presidente da SD O Val, D. Javier Aneiros e por representantes do Concello de Narón.

O martes 2 de setembro as 18:00 en Prados Vellos todos os xogadores prebenxamíns do Numancia terán a presentación e o primeiro adestramento da temporada. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.