Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. RESUMO ULTIMAS ACTIVIDADES DA TEMPORADA 2013-14.
 
 

PREBENXAMINS. RESUMO ULTIMAS ACTIVIDADES DA TEMPORADA 2013-14.

MOITAS GRAZAS A TOD@S

Na última quincena do mes de Xuño, o Numancia prebenxamín participou nun par de Torneos e disfrutou da festa fin de temporada para poñer o punto final a esta aventura futbolística 2013-2014.
 

O domingo 9 de xuño a familia numantina desprazábase ata Sada para participar no TORNEO PROVINCIAL DO RAYO SADENSE, onde o equipo prebenxamín alcadou a cuarta posición. Na fase de grupos empataba a un tanto ante o Marino de Mera e derrotaba ao Once Caballeros de Cambre por 5 - 0; pasando como primeiros de grupo.

En cuartos de final superaban por 3 - 0 o Orillamar de A Coruña. En semifinais caían por 5 - 2 ante o potente Escolas Luís Calvo de Carballo. Na final de consolación eran superados polo Atlético Arteixo por 4 - 3. Bonita experiencia neste Torneo en Sada para un equipo prebenxamín que estivo a altura dos mellores equipos da provincia.

Despois dun descanso para desfrutar das alfombras do Corpus de Ares, o xoves 26 de xuño tiña lugar o último adestramento da temporada coa sua correspondente merenda. Non podían faltar os agasallos para xogadores e corpo técnico. Todos levaron un bonito trofeo conmemorativo desta excelente temporada.

Para finalizar a temporada, o pasado fin de semana o Numancia participou cun equipo formado íntegramente por xogadores de primeiro ano no TORNEO DO CCRD PERLÍO no campo de Os Pinares en Fene. Na fase de grupos o equipo numantino empataba a un tanto co Eume Deportivo e co Rápido de Neda "B", pasando a cuartos de final como segundo de grupo. Nos cuartos de final atopábase cun equipo de último ano como o Rápido de Neda que sufriu para vencer aos nosos por un axustado 1 - 0 nun partido no que os numantinos dominaron e perdonaron en exceso ante a portería rival.

Polo tanto, aproveitamos estas líneas para agradecer e felicitar ao Rayo Sadense e ao CCRD Perlío pola sua invitación e o bo trato dispensado ao Numancia nos seus Torneos.

Aproveitamos tamén para facer balance dunha temporada que remata con 18 xogadores prebenxamíns. 3 xogadores pasan para a categoría de benxamíns; namentras que os 15 xogadores da numerosa e productiva xeneración do 2007 serán a base do equipo prebenxamín da temporada 2014-2015.

Temos que felicitar a xogadores, corpo técnico e familiares por unha temporada moi boa no aspecto social e sorprendente no aspecto deportivo onde os nenos conseguiron un subcampionato de Liga no grupo II e deron a sorpresa na competición de Copa chegando ata semifinales. Resultados aparte, gran traballo deste grupo de nenos que co paso dos meses segue sorprendendo a propios e extraños.

MARCOS, DANI, MARIO, LUCAS, DAVID ALLEGUE, BRAIS, AKETX, IKER, ISMA, MATEO, DAVID VILASÁNCHEZ, XERAR, ÁNGEL HUGO, AXEL, LEO, SERGIO E ÓSCAR.

¡¡¡¡Noraboa campións¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.