Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. PORTUARIOS, 1 - NUMANCIA, 7.
 
 

PREBENXAMINS. PORTUARIOS, 1 - NUMANCIA, 7.

SUBCAMPIÓNS DE LIGA

Partido correspondiente a última xornada da Liga Prebenxamín grupo 2, disputado na tarde do venres no campo de fútbol de Aneiros en Ferrol.

 



Ferrol, 2 de maio de 2014.

FICHA TÉCNICA:

PORTUARIOS: Bruno Gándara (C), Bruno Carregal, Antonio, Marcos, David, Dani, Mario e Rubén. Tamén xogaron: Lucas, Sergio, Dani Salgueiro, Alex e Rodolfo.

Delegado: Julián Carro Aguado.

NUMANCIA: Marcos, David Allegue (C), Lucas, Aketx, Hugo, David Vilasánchez, Axel e Leo. Tamén xogaron: Dani, Brais, Iker, Isma, Xerar e Mateo.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. José Priegue Leis. Sen incidencias.

GOLES:

Portuarios: Antonio

Numancia: Hugo (2), David Vilasánchez, Axel, Xerar, Isma e Leo.

CRÓNICA:

Chegaba a última xornada de Liga e o Numancia visitou as instalacións de Aneiros en Serantes para medirse ao Portuarios. Foi un partido moi cómodo para os numantinos e sen moita historia. Co paso dos minutos os de Ares foron conseguindo goles, ben con disparos dende media distancia ou finalizando bonitas xogadas colectivas. Nos últimos minutos o equipo de Ferrol Vello recibía o premio ao seu esforzo e bo traballo durante o partido conseguindo o gol da honra.

En resumo, bonito partido como colofón a una extraordinaria competición de Liga por parte dos pequenos numantinos. Unha Liga prebenxamín grupo 2 no que o Numancia de Ares quedou subcampión da mesma empatado a 39 puntos co campión, o AD Miño, un equipo mais veterán que os numantinos e ao que dende este rincón da rede felicitamos polo campionato, conseguido gracias a sair victoriosos nos enfrentamientos directos co Numancia. ¡¡Noraboa¡¡¡

En definitiva, participaron co Numancia 19 rapaces de Ares, 15 do ano 2007 (primeiro ano prebenxamín) e 4 do ano 206 (segundo ano prebenxamín). 19 nenos que competiron en moitas ocasións ante nenos e rivais de maior idade, envergadura e físico. Iso non foi impedimento para que os aguerridos, pequenos e valientes nenos de Ares amosaran semana tras semana a sua calidade e progreso. Dende a familia do Numancia prebenxamín estamos moi orgullosos dos nosos pequenos. Sabemos que os recoñecementos (tamén nestas idades tempraneiras) soamente son para o campión. Pero a satisfacción, a conciencia tranquila e a fe nos principios de educación, alta participación e o progeso deportivo teñen o mesmo valor cun merecido trofeo.

Marcos, Dani, David Allegue, Mario, Brais, Lucas, Aketx, Iker, Gonzalo, Isma, Ángel, Mateo, David Vilasánchez, Xerar, Hugo, Axel, Sergio Feal, Leo e Óscar.

¡¡¡NORABOA CAMPIÓNS¡¡¡

Grazas aos nenos por facernos pasar tan bos momentos nesta competición de Liga. E como non grazas tamén aos seus familiares por acompañalos e animalos partido tras partido; con choiva, sol, frío ou calor.

Agora é momento de afrontar a recta final da temporada. Merendas, partidos amistosos, competición de Copa, festas, Torneos... ocuparán espazo nas fins de semana da familia do Numancia prebenxamín ata finais do mes de xuño. ¡¡¡Toca seguir disfrutando¡¡¡

A continuación deixámosvos cunha fermosa galería fotográfica do partido ante o Portuarios por xentileza da mellor fotógrafa da categoría prebenxamín de Ferrolterra (aquí si que somos campións); Flor Carrasco.

Hoxe mais que nunca:

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.