Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. R. DE NEDA, 0 - NUMANCIA, 4.
 
 

PREBENXAMINS. R. DE NEDA, 0 - NUMANCIA, 4.

CON PASO FIRME

Partido correspondente a 15ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 2, disputado na tarde do venres no campo Municipal Juan González de Neda ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Neda, 4 de abril de 2014.

FICHA TÉCNICA:

R. NEDA: Álvaro, Pablo, Víctor, Iago, David (C), Samu, Rodrigo e Roi. Tamén xogaron: Guille, Miguel e Hugo.

Adestrador: Víctor Barro Basoa.

Delegado: Raúl Muiño Blanco.

NUMANCIA: Marcos, Lucas, Brais, David Allegue, Ángel, David Vilasánchez, Hugo e Axel (C). Tamén xogaron: Dani, Aketx, Isma, Xerar e Mateo.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Agustín Eguren Prieto. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1 (AXEL) Pase de Hugo para Axel quen marca ante o porteiro local (minuto 31).

0 - 2 (XERAR) Xerar aproveita un rexeite do porteiro tras disparo de David Vilasánchez (minuto 35).

0 - 3 (XERAR) Disparo de Xerar dende a frontal do área que supera o gardarredes nedense (minuto 37).

0 - 4 (XERAR) Centro de David Vilasánchez que remata Xerar de cabeza (minuto 43).

CRÓNICA:

O Numancia prebenxamín entraba na recta final da competicion de Liga rendindo visita o Rápido de Neda, un equipo con maior poderío físico que os numantinos que vendeu moi cara a sua pel, como xa sucedera no partido de ida.

Na primeiro tempo houbo moita igualdad. Moito centrocampismo e poucas chegadas a portería nos primeiros minutos. Antes do descanso intercambio de golpes, onde estiveron mais acertados os porteiros e defensores que os xogadores de ataque de ambos equipos. Con este panorama era lóxico o resultado de 0 - 0 ó descanso.

Na reanudación saía algo mellor o Neda poñendo en apuros a portería defendida por Marcos. Os numantinos tiveron que poñer o mono de traballo e sacar o mellor do que levan dentro para conseguir a vitoria neste partido. No minuto 31 Axel abría a lata conseguindo o 0 - 1 despois de varios avisos dos numantinos. Continuaba o dominio dos de Ares e nos minutos 35 e 37, Xerar daba un golpe de autoridade no partido conseguindo o 0 - 2 e 0 - 3 respectivamente. Non baixaron os brazos os nedenses pero no minuto 43 novamente un inspirado Xerar anotaba o definitivo 0 - 4 que certificaba a vitoria dos numantinos neste partido.

En resumo, un partido moi físico e disputado entre dous equipos que se coñecen moi ben. Un encontro perfecto para seguir aprendendo e disfrutando co fútbol. Despois desta vitoria o Numancia sigue no liderato con Racing "B" e Miño como perseguidores.

Precisamente será o Racing "B" o próximo rival do Numancia prebenxamín. Bonito partido o que terá lugar o próximo venres as 18:00 en Prados Vellos entre dous equipos prácticamente na sua totalidade de primeiro ano que están a facer unha gran competición de Liga. O próximo venres as 18:00 tedes tod@s unha cita obrigada para disfrutar cos nenos prebenxamíns de Numancia e Racing "B". ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

A continuación podedes disfrutar dunha magnífica galería fotográfica do Rápido de Neda - Numancia xentileza de Flor Carrasco.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.