PREBENXAMINS. NUMANCIA, 6 - NARON "B", 1.

GOLES PARA SEGUIR SOÑANDO

Partido correspondiente a 14ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 2º, disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares 28 de marzo de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Marcos, Mario (C), Brais, Aketx, Axel, David Vilasánchez, Hugo e Sergio Feal. Tamén xogaron: Ángel, Lucas, Mateo, Xerar e Leo.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Santiago Cartelle López.

NARÓN "B": Samuel, Alex, Danil (C), Pedro, Aaron, Yago, Pablo e Elías. Tamén xogaron: Rafa, Joel, Hugo, Raúl e Iago.

Adestrador: Marcos López Carmota.

Delegado: José Martínez Pereira.

COLEXIADO: D. Jeisson Aguado Castaño. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Xerar (2), David Vilasánchez, Brais, Aketx e Hugo.

Narón "B": Danil.

 



Partido cómodo para o Numancia prebenxamín o disputado ante o Narón "B". Non foron fáciles os primeiros minutos do encontro; xa que o equipo narónes saiu decidido a presionar a iniciación do xogo numantino. Por sorte un gran gol de falta directa obra de David Vilasánchez sería o 1 - 0. No resto da primeira metade dominio numantino e boa imaxe do Narón. No minuto 23, Hugo asistía a Brais para que éste de forte disparo anotara o 2 - 0 antes do descanso.

Na reanudación, bos primeiros minutos dos visitantes e boa defensa numantina. Os locais foron estirándose e facéndose donos do partido por completo. Froito dese dominio chegaban dous goles de Xerar para facer o 3 - 0 e 4 - 0 nos minutos 27 e 33. Nese tramo de partido os visitantes erraban un penalti. No minuto 36 internábase Aketx por banda esquerda e anotaba o 5 - 0. Recibía o Narón un premio mais que merecido o seu bo partido co gol de Danil; o 5 - 1 no minuto 43. Pechaba o resultado Hugo facendo o 6 - 1 definitivo para o Numancia no minuto 46.

En definitiva, bo partido do Numancia prebenxamín e moi boa aportación de todos os nenos participantes no partido. Nova vitoria para seguir líderes co Racing "B" e o Miño perseguindo de cerca os numantinos.

Quedan 4 xornadas de Liga. 4 semanas bonitas que o Numancia afronta con licencia para soñar cun premio co que non se contaba a principios de temporada. Soñar e gratis. ¿Por qué non facelo de novo o vindeiro fin de semana no Municipal de Neda? Alí xogará o Numancia ante o Rápido de Neda. ¡¡¡¡Non pode faltar o voso ánimo¡¡¡ Vémonos o próximo fin de semana en Neda.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.