PREBENXAMINS. NUMANCIA, 5 - G. CARANZA, 2.

SEN FACER RUIDO

Partido correspondiente a 12ª xornada da Liga Prebenxamín Grupo 4º, disputado na tarde de venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares 14 de marzo de 2014

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Marcos, Lucas, Brais, David Allegue, Axel, David Vilasánchez, Hugo (C) e Mateo. Tamén xogaron: Dani, Aketx, Xerar, Sergio Feal e Isma.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Rafael Feal Muiños.

G. CARANZA: Iván, David, Alex, Samu, Edgar, Joel, Sergio (C) e Christian. Tamén xogaron: Iker, Antón, Asier Víctor, Jorge e Aaron.

Adestrador: Rafael Miranda Veiga.

Delegado: Hugo P. Morales García.

COLEXIADO: D. Tomás Lorenzo Castro. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: David Vilasánchez (2), Axel, Hugo e Lucas.

G. Caranza: Iker e Samu.

CRÓNICA:

Numancia e Galicia de Caranza, dous dos equipos mais xóvenes do grupo disputaban un bonito partido con moito sol e goles en Prados Vellos. Nos primeiros 15 minutos o Numancia foi un ciclón para os de Caranza. Axel e Hugo finalizaban duas xogadas combinativas dos de Ares e Lucas anotaba un bonito gol de falta directa. Co resultado de 3 - 0 e claro dominio local chegábamos o tempo de descanso.

Na reanudación o Numancia sufría a maldición da cantina. Tocaba defender a portería próxima a cantina e como en partidos anteriores o equipo visitante anotaba dous goles nos 10 primeiros minutos da segunda metade. Casualidades, ¿ou non? Con 3 - 2 no marcador o partido chegaba o seu tramo decisivo. Nos minutos 38 e 39 un dos xogadores veteráns do Numancia, David Vilasánchez facía gala do seu bo disparo e anotaba dous goles seguidos para pechar o partido que terminou co resultado coñecido de 5 - 2.

En resumo, bonito partido o que nos ofreceron ambos equipos, con goles, bo fútbol. Os numantinos estiveron mellor, agás nos primeiros 10 minutos da segunda metade. Iso valeulles para levarse o partido ante un bo equipo como o Galicia de Caranza.

En definitiva, nova vitoria do Numancia prebenxamín que sigue liderando a competición unha semana mais. Faltan 6 xornadas para seguir disfrutando, participando, aprendendo.... sen ningún tipo de presión nin obxetivo. O destino decidirá si quere premiar a este grupo de rapaces con algo mais.... ¿ou non? O que teña que vir virá.... e si non ven... tocará seguir disfrutando e aprendendo.

A vindeira fin de semana o Numancia prebenxamín visitará a vila dos Andrade para xogar ante o Eume Deportivo. Sen dúbida será un bonito partido que non deberíades de perder. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡

A continuación, podedes disfrutar dunha magnífica galería de fotos por xentileza de Flor Carrasco.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.