Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. NUMANCIA, 5 - R. DE NEDA, 0.
 
 

PREBENXAMINS. NUMANCIA, 5 - R. DE NEDA, 0.

DISFRUTANDO DO MOMENTO

Partido correspondiente a 6ª xornada da Liga Prebenxamín, Grupo 2, disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos aficionados de ambos equipos.

 



Ares 31 de xaneiro de 2014

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Marcos, Dani, Brais, Aketx, Ángel (C), David Vilasánchez, Axel e Hugo. Tamén xogaron: Lucas, Isma, Xerar e Mateo.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

R. DE NEDA: Pablo, Víctor, David, Yago, Samuel, Hugo e Rodrigo (C). Tamén xogaron: Guillermo, Miguel e Roi

Delegado: Víctor Manuel Seoane Feal.

COLEXIADO: D. Miguel Angel Pena Landeira. Sen incidencias.

GOLES: Xerar (3), David Vilasánchez e Mateo.

CRÓNICA:

Medíanse en Prados Vellos dous equipos prebenxamíns que se coñecen moi ben. Por unha parte o Numancia con 3 xogadores de último ano e 9 de primeiro ano sobre o terreo de xogo. Por outra banda o Rápido de Neda con 8 veteráns e 3 xogadores de primeiro ano. Ambos equipos medían as suas forzas (con vantaxe para os nedenses no físico) e a sua calidade futbolística.Instánte partido prebenxamíns Numancia - R. de Neda (31/01/2014).

A primeira metade foi moi igualada. O Numancia tiña a posesión do balón, pero o Neda estaba moi ben colocado e abortaba as xogadas de ataque do Numancia. Non foron moitas as ocasións que se poideron ver na primeira metade. Forons uns 25 minutos de partido moi tácticos e demasiados serios para tratarse dun partido de prebenxamíns. Así o reflexaba o resultado ó descanso, 0 - 0.

Na segunda metade os numantinos continuaron buscando o premio do gol. No minuto 28 un roubo na zona de creación nedense por parte de David Vilasánchez termina en gol tras un disparo de media distancia do propio David, que establecía o 1 - 0. Seguiron os de Ares atacando e no minuto 37 Mateo aproveitaba un rechace do longueiro tras unha falta sacada por David Vilasánchez para facer o 2 - 0. Tras ese gol acentuouse o control do partido por parte do Numancia; as ocasións de gol foron medrando co paso dos minutos. Ese dominio numantino transformábase no resultado final de 5 - 0 tras anotar Xerar tres goles no último tramo de partido; un deles con axuda dun defensor visitante.

En resumo, hoxe poidemos ver un bo partido de fútbol prebenxamín. O Rápido de Neda foi un rival moi esixente no aspecto físico e técnico para os nosos pequenos prebexamíns. Por sorte, o bo facer e a paciencia dos nosos nenos no seu xogo trouxo consigo o premio da vitoria.

En definitiva, segunda semana consecutiva na que o Numancia prebenxamín seguirá como líder da Liga Prebenxamín grupo 2. Un equipo prácticamente de primeiro ano; un grupo amplio de nenos que seguirán divertíndose ata o final e aos que nada nin nadie deberá roubarlles a ilusión.

Dende estas líneas, aproveitamos para mandarlle o xogador do Numancia prebenxamín David Allegue unha forte aperta de parte dos seus compañeiros e adestradores; para que se recupere da escordadura de nocello que sufriu esta semana nun dos adestramentos. ¡¡¡Ánimo David¡¡¡

A vindeira semana, o Numancia prebenxamín visitará os campos de A Malata para medirse a un bo equipo como é o Racing de Ferrol "B". ¡¡¡Non dubidedes en acudir para animalos¡¡¡

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.