PREBENXAMINS: NARON "B", 1 - NUMANCIA, 5.

TARDE PRÁCIDA EN NARÓN

Partido correspondente a 5ª xornada da Liga Prebenxamín Grupo 2º, disputado no campo de O Cadaval en Narón ante numerosos espectadores de ambos equipos. Antes do comezo do encontro gardouse un respetuoso minuto de silencio en memoria de D. Manuel Candocia; presidente da UD Somozas falecido o pasado fin de semana.

 

O Cadaval (Narón) 24 de xaneiro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NARÓN "B": Samuel (C), Alex, Danil, Pedro, Pablo, Joe, Rafa e Hugo. Tamén xogaron: Aaron, Yago, Raúl e Iago.

Adestrador: Rafael Pazos Louro.

Delegado: Marcos López Carnota.

NUMANCIA: Marcos, Lucas, Brais, David Allegue, Hugo, David Vilasánchez, Axel e Sergio Feal (C). Tamén xogaron: Mario, Aketx, Isma, Xerar e Leo.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Álvaro Pita Fernández. Sen incidencias.

GOLES: Rafa no Narón e David Vilasánchez (2), Isma (2) e Hugo por parte do Numancia.

CRÓNICA:

Nunha tarde desapacible de venres, medíanse no campo de O Cadaval en Piñeiros, Narón "B" e Numancia. Dende o primeiro momento os de Ares atopáronse cómodos no terreo de xogo; tendo varias chegadas sobre a portería naronesa. No minuto 8, Hugo roubaba un balón na defensa loca e facía o 0 - 1. No 17´ era David quen roubaba un balón a defensa local e aproveitaba para establecer o 0 - 2. No minuto 20 novamente David Vilasánchez anotaba desta vez o 0 - 3 cun forte disparo dende fora do área. Posteriormente no minuto 22 unha xogada persoal de Isma remataba en gol. Con 0 - 4 e clara superioridade do Numancia chegaban os equipos ó descanso.Os prebenxamíns celebrando un gol.

Na segunda metade o Numancia buscou mais as xogadas colectivas que os goles. Foi un bo momento para rotar posicións e probar cousas novas. No minuto 40 chegaba un novo gol de Isma que aproveitaba unha xogada colectiva do Numancia para facer o 0 - 5 de tiro cruzado. Os nenos do Narón "B" fixeron un gran esforzo e traballo durante todo o partido. Esa loita ante os numantinos viuse recompensada no minuto 50 cun gol de Rafa que establecía o 1 - 5 definitivo no marcador de O Cadaval.

Salientar que neste partido debutou no conxunto prebenxamín do Numancia o xogador Leo Iglesias Allegue; sendo 22 os nenos que participaron durante o que vai de temporada en competición oficial co Numancia prebenxamín.

En resumo, hoxe o Numancia non xogou un dos mellores partidos. Son encontros nos que non se aprende demasiado; pero onde se poñen en práctica valores tan importantes no deporte como o respeto polo rival, o compañerismo ou simplemente a diversión.

Decir como anéctoda, que tras os resultados desta xornada o Numancia colócase como líder da Liga Grupo 2º Prebenxamín. Agardemos que ese liderato dure ata final de temporada; sobretodo en canto a comportamento, compromiso, alta participación dos nenos e boa imaxe. Esos son os aspectos nos que si que estamos obrigados a ser os mellores.

A vindeira ocasión de comprobar as evolucións dos nenos prebenxamíns do Numancia será o próximo venres as 17:00 en Prados Vellos onde o equipo numantino recibirá os compañeiros do Rápido de Neda. ¡¡¡Que non falte o voso apoio¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.