PREBENXAMINS. NUMANCIA, 5 - ANIMAS, 4.

FESTIVAL DE GOLES ANTES DAS VACACIÓNS

Partido correspondiente a 2ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 2, disputado na mañá do sábado en Prados Vellos.

 



Ares 21 de decembro do 2013.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Marcos, Lucas, Gonzalo, Akext, Isma, David Vilasánchez, Axel (C) e Hugo. Tamén xogaron: Dani, Óscar, Ángel, Mario e Uxía.

Adestrador: Jorge martínez varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

ÁNIMAS: Joel, Raúl, Jose, Carlos, Pablo, Eric, Lucas e Marko (C). Tamén xogaron: Hugo, Alex, David, Sergi e Sanmartín.

Adestrador: Alberto Vázquez Losada.

Delegado: Javier Otero Loureiro.

Colexiado: D. Juan Alberto Piñón López. Sen incidencias.

Goles: David Vilasánchez (2), Isma (2) e Axel no Numancia. Alex e Marko para ó Ánimas,

Numancia e Ánimas disputaban o último partido de 2013 antes de coller as vacacións de Nadal. Nos primeiros 5 minutos o Numancia conseguía dous goles para poñer terra de por medio. No minuto 13 o Ánimas recurtaba distancias facendo o 2 - 1. Con resultado axustado e dominio claro do Numancia chegabamos ó descanso.

Na segunda metade os numantinos faceron valer o seu dominio para conseguir tres goles que os distanciaban no marcador; chegando a poñerse con 5 - 1. Nos últimos minutos do encontro os ferroláns achegaban emoción ó encontro deixando o marcador final nun 5 - 4 favorable ó Numancia.

En resumo, vitoria do Numancia nun novo partido que serviu para dar minutos ós moitos xogadores do plantel. Despois de disputar as duas primeiras xornadas de Liga o equipo prebenxamín numantino colle as vacaccións de Nadal ata o próximo martes 7 de xaneiro; día no que volveran ós adestramentos; despois de disfrutar dos agasallos de Papa Noel e dos Reis Magos; que de seguro serán moitos para este grupo de 21 nenos que segue progresando co paso do tempo.

Dende a familia do equipo prebenxamín do Numancia de Ares (xogadores, corpo técnico e familiares) queremos desexarvos a todos un BO NADAL e un mellor e próspero ano 2014.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡¡BO NADAL E PRÓSPERO 2014¡¡¡

 

 Equipo Prebenxamín do Numancia de Ares. Temporada 2013-2014.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.