PREBENXAMINS. CEDEIRA, 4 - NUMANCIA, 3

SOMOS BOA XENTE

Partido correspondente a 8ª xornada da Fase Previa Prebenxamín grupo 3, disputado no mediodía do sábado no campo de O Beco en Cedeira ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

 

Cedeira 9 de novembro do 2013

FICHA TÉCNICA:

CEDEIRA: Víctor, Lucas, Diego (C), Pablo, Javi, Joel e Darío. Tamén xogaron: Diego García, Martiño, Thiago e Hugo.

Adestrador: Esteban Blanco Garrote.

Delegado: Javier Rodríguez Cheda.

NUMANCIA: Marcos (C), Dani, Brais, Isma, David Vilasánchez, Aketx, Xerar e Axel. Tamén xogaron: Iker, Ángel, Hugo e Sergio Gil.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. José Priegue Leis. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (DIEGO) Xogada individual de Diego que aproveita para batir a Marcos (minuto 14).

2 - 0 (JAVI) Pérdida de balón numantina aproveitada por Javi para facer o 2 - 0 (minuto 27).

2 - 1 (XERAR) Xogada por banda de Aketx que termina cun disparo que repele o porteiro. Xerar moi atento recolle o balón solto e fai o primeiro do Numancia (minuto 35).

3 - 1 (DIEGO) Contraataque do Cedeira finalizado por Diego (minuto 40).

4 - 1 (THIAGO) Ataque do Cedeira finalizado por Thiago (minuto 41).

4 - 2 (AXEL) Saque de córner de David Vilasánchez rematado por Axel tras unha serie de rexeites (minuto 45).

4 - 3 (AXEL) Boa xogada colectiva do Numancia finalizada por Axel (minuto 46).

CRÓNICA

Dous equipos moi igualados na clasificación medíanse no campo de O Beco nunha mañá chuviosa de sábado. O Cedeira formado maioritariamente por xogadores de último ano medíase a un Numancia con 3 xogadores "maiores" e 9 de primeiro ano neste partido.

O físico parecía non ser determinante nos primeiros 10 minutos, xa que os numantinos saían en tromba e Axel perdoaba tres claras ocasións diante da portería local. O que perdoa no fútbol xa sabemos que o paga, e Diego facía o 1 - 0 para o Cedeira minutos despois. Co resultado de 1 - 0 e coa sensación de que os numantinos merecerán maior sorte chegabamos ó descanso.Numancia de Ares. Equipo de Prebenxamíns 2013-14.

Na segunda metade comezou mellor o Cedeira que conseguiría o 2 - 0 no minuto 27. Reaccionaban os aresán e sería Xerar o que conseguía o 2 - 1 no minuto 35. O partido rompíase e os de Cedeira aproveitaban o seu maior físico e velocidade para coller ó Numancia descolocado e conseguir de forma consecutiva o 3 - 1 e 4 - 1 que parecían pechar ó encontro. Pero ahí xurdiu o espíritu numantino. Os pequenos aresáns que representaban a David neste partido subíronse as barbas de Goliat e meteron no corpo os compañeiros de Ortegal. Avisaba o Numancia con varias xogadas a balón parado e tamén nunha clara ocasión de Aketx tras unha fermosa xogada ofensiva. Sería nun córner cando chegaba o 4 - 2 obra de Axel no minuto 45. Novamente Axel un minuto mais tarde conseguiría o 4 - 3. Nos últimos 5 minutos de partido vimos un Numancia volcado ante a portería cedeiresa. A falta de acerto nos últimos metros e a gran actuación do porteiro local Víctor que fixo unha gran parada na última xogada de partido a disparo de Axel evitaron que o Numancia trouxera algo positivo; en canto o resultado de terras de Cedeira.

En resumo, gran partido dos pequenos do Numancia ante un rival moi superior en idade e físico. Un rival que loitou con todas as suas forzas e medios pola vitoria que os clasifica matemáticamente para o grupo 1; ou como dicían por Cedeira para a "Champions de Prebenxamíns". O Numancia pola sua banda continuou neste partido coa sua labor de formación e aprendizaxe fomentando a participación de todos os nenos e a diversión dos mesmos neste partido. Curiosamente.... casi salta a sorpresa.... de non ser pola gran actuación do porteiro local Víctor e polo maior oficio e concentración do conxunto local.

Felicitar o equipo do Cedeira SD pola súa clasificación para o Grupo 1 da categoría prebenxamín e aos xogadores do Numancia e acompañantes polo esforzo realizado neste encontro e neste desprazamento.

Agora chega un mes de parón. A vindeira fin de semana e a última xornada da Fase Previa e o Numancia descansa.

Tocará agardar ata o 15 de decembro na que o Numancia comezará (se non hai novidades) a súa andadura no grupo 2 da Liga Prebenxamín. Entre medias, intentaránse xogar algúns partidos amistosos.

¡¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.